Bhaskara II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:India mediante HotCat
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 6:
Bhaskara representa o cumio do coñecemento matemático e astronómico no [[século XII]]. Alcanzou un coñecemento de [[cálculo]], [[astronomía]], os [[sistema de numeración|sistemas de numeración]] e a resolución de [[ecuación]]s que non fora alcanzado en ningunha parte do mundo durante varios séculos. O seus principais traballos foron o ''Lilavati'' (sobre [[aritmética]]), ''Bijaganita'' (''[[Álxebra]]'') e ''Siddhanta Shiromani'' (escrito en [[1150]]) que consta de dúas partes: ''Goladhyaya'' ([[esfera]]) e ''Grahaganita'' (matemáticas dos [[planeta]]s).
 
== Lendas ==
''Lilavati'', o seu libro sobre aritmética, é a fonte de interesantes lendas que afirman que foi escrito para a súa filla, Lilavati. Nun destes relatos, encontrado nunha tradución [[lingua persa|persa]] de ''Lilavati'', Bhaskara II estudou o horóscopo de Lilavati e predixo que o seu marido morrería pouco despois do matrimonio, se o enlace non sucedía nun momento determinado. Para impedir isto, colocou unha cunca cun pequeno burato na parte inferior dunha vasilla chea de auga, colocada de maneira que a cunca afundiría cando comezase a hora propicia. Puxo o mecanismo nun cuarto cun aviso a Lilavati de que non se acercara ao aparello. Aínda que ela, por curiosidade, foi mirar, coa mala sorte de que unha perla do seu aro do nariz caeu accidentalmente dentro, o que afectou o funcionamento do artefacto. O casamento tivo lugar, por iso, en tempo non propicio, de xeito que Lilavanti quedou viúva axiña. Dise que Bhaskara lle ensinou matemáticas para consolala na súa dor e escribiu ese libro para ela.
 
== Matemáticas ==
Algunhas das achegas de Bhaskara ás matemáticas foron as seguintes:
 
Liña 23:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Bhaskara I]].
* [[Cero]].
* [[Ecuación de segundo grao]].
* [[Número negativo]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades das matemáticas da India]]