Pascual II, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Pascual II''', nado co nome de '''Raniero de Bleda''' en [[Bleda di Santa Sofia]] en [[1050]] e finado en [[Roma]] o [[21 de xaneiro]] de [[1118]], foi Papa da [[Igrexa Católica]] do [[1099]] ao [[1118]].
 
== Traxectoria ==
Era monxe dun mosteiro [[Orde de Cluny|cluniacense]] situado na [[Toscana]] cando foi nomeado cardeal por [[Gregorio VII, papa|Gregorio VII]] en [[1076]]. Durante o seu reinado continuou coa loita polo dereito de investidura, e con este obxectivo instou ao segundo fillo do emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano-Xermánico|Henrique IV]] a se sublevar contra o seu pai.
 
Liña 14:
Pero ao coñecer os términos do acordo, produciuse un levantamento popular que obrigou a Henrique a abandonar Roma levándose a Pascual II como prisioneiro. Ao cabo de sesenta días de prisión, o Papa cedeu ante o emperador mediante a firma dun tratado no que aceptaba a investidura imperial, coroábao emperador e comprometíase a non excomungar nunca Henrique V.
 
As condicións aceptadas por Pascual II provocaron unha onda de indignación entre os partidarios da [[reforma gregoriana]], que conseguiron que nun concilio celebrado en [[Letrán]] o [[1112]] se declarasen nulos os termos do acordo para posteriormente, noutro concilio celebrado en [[Vienne]], excomungar a Henrique; aínda que Pascual non confirmou a excomuñón ao considerar que sería romper a súa promesa.
 
O [[1113]], Pascual recoñeceu a [[Orde dos Hospitalarios de San Xoán]].
 
Cara ao final do pontificado, en [[1115]], morreu a condesa [[Matilde de Tuscia]] deixando todos os seus territorios á Igrexa. Pero, Henrique V, alegando un acordo secreto, dirixiuse a [[Roma]] para considerarse herdeiro lexítimo da condesa. Isto obrigou a Pascual II a fuxir da cidade, non volvendo ata poucos días antes da súa morte, o [[21 de xaneiro]] de [[1118]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Papas]]