Al-Ghazali: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mudo imaxe
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
'''Abu Hamid Muhammad ibn Muhammad al-Ghazali''', nado en [[Ghazaleh]] ([[Irán]]) en [[1058]] e finado en [[Tus]], Irán, en [[1111]], foi un teólogo islámico e filósofo [[Persia|persa]], coñecido tradicionalmente como '''Algazel''' en [[Europa]] durante a [[Idade Media]], contribuíu decisivamente no desenvolvemento teórico do [[sufismo]] e da súa aceptación como corrente islámica.
 
== Traxectoria ==
Al-Ghazali deu clases na [[madrasa]] ''Nizamiyyah'' de [[Bagdad]], a escola máis importante da época de ouro da civilización islámica, entre [[1091]] e [[1096]], ás súas clases ían centos de alumnos, incluíndo profesores doutras escolas de xurisprudencia.
 
Deixou Nizamiyyah e principiou unha viaxe espiritual durante unha década, visitou [[Damasco]], [[Xerusalén]], [[Hebrón]], [[Medina]], [[A Meca]] e volveu a Bagdad onde parou brevemente antes de volver a Tus para pasar os seguintes anos en reclusión, no ano [[1106]] suspendeu a súa reclusión para un breve período de ensino na madrasa de Nishapur.
 
Foi clave no aumento da influencia da escola [[asharita]] na filosofía islámica e o máis importante opoñente aos [[Mutazilita|Mutazilitas]]s. O seu libro ''Tuhafut al-Falasifa'' (''A incoherencia dos Filósofos'') é o maior expoñente da [[epistemoloxía]] islámica, e Ghazali retomou o esceptiscismo filosófico que non volvera a ser común ata o [[século XVIII]] con [[George Berkeley]] e [[David Hume]], este encontro co esceptismo conduciu a Ghazali a teorizar sobre unha forma de ocasionalismo teolóxico ou a crenza que a causa dos sucesos e accións non son o produto de conxuncións materiais senón da inmediata acción de [[Alah]], pensamento que será retomado polos fundamentalistas islámicos. No libro tamén rexeita a filosofía de [[Platón]] e [[Aristóteles]] por contaminar a fe islámica.
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Alchemy of Happiness.png|miniatura|Copia de ''A Alquimia da felicidade''. Biblioteca Nacional de Francia.]]
Á parte dunha defensa do [[islam]] en corenta libros chamada ''Proba do islam'', escribiu con finalidade antifilosófica un tratado en dúas partes: ''As intencións dos filósofos'', parte expositiva, e ''A incoherencia dos filósofos'', parte crítica, na que rebate as súas afirmacións; como o Occidente latino só coñeceu a primeira parte, ''Maqasid al falasifa'' traducida por [[Domingo Gundisalvo]] como unha das achegas da chamada [[Escola de Tradutores de Toledo]], transmitiuse o erro de consideralo un dos principais discípulos de [[Avicena]] e foi considerado en Europa como un filósofo antes que como un teólogo. En cambio, [[Averroes]] critícao na súa obra titulada ''[[A destrución da destrución|Incoherencia da incoherencia]]'', que en latín se coñeceu como ''Destrución da destrución''.
Liña 19:
Algazel foi o teólogo que inspirou ós [[Almohades]], pero non ós [[Almorábides]], e así, a comezos do século XII, o emir almorábide Alí ben Yúsuf ordenou, aconsellado por certos alfaquíes, que se queimasen as súas obras.
 
== A influencia de Algazel ==
Algazel finou á idade de cincuenta e cinco anos, despois dunha vida que se pode considerar curta se se consideran a amplitude, a riqueza e a influencia da súa obra. Pódese dicir que foi un dos principais pensadores musulmáns, un dos que deixaron o sinal máis profundo, merecendo así o alcume de «renovador do [[século V]] da [[Héxira]]». A gran influencia que tivo Algazel pode ser atribuída a varios elementos, por exemplo:
* A profundidade, a forza e a extensión do seu pensamento, consignado en máis de cincuenta obras, as máis importantes das cales son ''Ihya Ulum al-Din'' (''Revivificación das ciencias da fe''), ''Tahāfut al-falāsifa'' (''A incoherencia dos filósofos'') e ''Al-Munquidh min al-Dalal'' (''Erro e liberación''), obras que seguen a estudase hoxe en día.
Liña 57:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ghazali.org/ Obras de Al-Ghazali, en árabe e traducións ao inglés]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Teólogos musulmáns]]