Nuno II Menendiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Nuno II Mendes''' ou '''Nuno Meendiz''', finado no ano [[1071]], foi un aristócrata [[Galicia|galego]], sétimo e derradeiro [[condado Portucalense|conde de Portucale]]. Descendía liñaxe de [[Vimara Pérez]], o primeiro conde de Portucale.
 
== Traxectoria ==
Nuno II Mendes foi fillo do conde [[Mendo III Nunes]], a quen sucedeu arredor de [[1050]]. O vasto territorio que señoreaba —seu título condal era o máis destacado do [[reino de Galiza]]— motivou as aspiracións de Nuno fronte ao propio [[reino de Galiza|rei de Galiza]], [[García de Galicia|García I]], e a reclamar a independencia do seu señorío e o título de ''rei de Portucale'' (máis tarde [[Portugal]]) xa en [[1070]]. O rei galego atopou estas aspiracións como alta traizón. O [[18 de xaneiro]] de [[1071]] o rei acode co seu exército ao condado para axustizar a Nuno pola súa traizón, saíndolle ao paso as tropas deste e librándose unha contenda civil na coñecida como [[batalla de Pedroso]], xunto do Mosteiro de Tibães. Esta tivo como desenlace final a derrota de Nuno e a súa morte, acabando así as ambicións dos baróns portucalenses que desexaban un distanciamento do rei.
 
Liña 19:
=== Outros artigos ===
* [[Condado Portucalense]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nobres de Galicia]]