Sacramento Kings: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Rochester: Arranxiños
Liña 25:
== Historia ==
=== Rochester ===
A franquía que se convertiríaconvertería nos Sacramento Kings comezou na cidade de [[Rochester, New York]], co nome de [[Rochester Royals]] da National Basketball League.
 
Nos primeiros anos de 1920, o equipo era un grupo semiprofesional patrocinado por unha destilería local, Seagram. O equipo era coñecido coma Rochester Seagrams ao redor de dúas décadas. Os patrocinados Seagrams mantivéronse a flote mentres outros equipos profesionais quedaron no camiño durante a [[Gran Depresión]]. Baixo a mirada do [[Basketball Hall of Fame|Hall of Famer]] Les Harrison, o equipo creceu en talento, participou cada vez en mellores competicións e se convertiuconverteu nun gran tesouro local co paso dos anos.
 
Ao remate da [[Segunda Guerra Mundial]], a National Basketball League foi tendo máis éxito tras os anos da guerra, e estaba buscando operacións para a súa melloría, e Rochester era un gran candidato. O equipo cambiou o seu nome a Rochester Pros, e trasladouse ao Edgerton Sports Arena en [[1942]], con 4500 asentos. Foi invitado para unirse á NBL na tempada 1945-46, e Les Harrison e o seu irmán Jack separaron os seus camiños con Seagram, os cales dubidaron de que o equipo puidera beneficiarse co salto á NBL. Fixeron un concurso para renomear o equipo no periódico máis famoso de Rochester. O gañador foi Richard Paeth, un rapaz de tan só 15 anos, que propuxera como nome os "Royals".
Liña 33:
O éxito para os Royals foi case inmediato. Fundado en 1945 polo propietario/adestrador/manager xeral [[Les Harrison]] (incluído no Hall of Fame) e polo seu irmán e co-propietario/manager de negocios Jack Harrison, o equipo gañou o campionato da NBL na tempada 1945-46, no seu primeiro ano na liga. O equipo foi liderado por [[Bob Davies]], [[Al Cervi]], [[George Glamack]], e [[Otto Graham]], futuro membro do Hall of Fame, quen, na súa única tempada no baloncesto profesional, gañou o campionato da liga antes de cambiarse ao [[fútbol americano]] e liderar aos [[Cleveland Browns]]. Ademais, os Royals dobraron a inversión dos Harrison en tan só unha tempada. Xogando numerosos partidos amigables ademais do calendario da NBL, o equipo estaba na súa cume en 1946.
 
Na seguinte tempada, os mandatarios da NBL decidiron que a tempada regular decidiría ao campión oficial da NBL, e que a postempada consistiría nun torneo aparteá parte, fora do campionato. Os Royals remataron cunha marca de 31-13 (70.5%), conseguindo o seu segundo campionato da NBL nos seus dous anos na competición, pero perderon as Finais do torneo de postempada contra os [[Chicago American Gears]] de [[George Mikan]].
 
Á tempada seguinte, a NBL deu marcha atrás, e dende ese intre, os playoffs de despois da tempada determinarían ao Campión da NBL. Os Royals rematarían outra vez coa mellor marca da liga, con 44-16, pero perderon contra o novo equipo de George Mikan, os [[Minneapolis Lakers]], por 3-1 nas Finais da NBL.