Sacramento Kings: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 37:
Á tempada seguinte, a NBL deu marcha atrás, e dende ese intre, os playoffs de despois da tempada determinarían ao Campión da NBL. Os Royals rematarían outra vez coa mellor marca da liga, con 44-16, pero perderon contra o novo equipo de George Mikan, os [[Minneapolis Lakers]], por 3-1 nas Finais da NBL.
 
Os incontables amigables, ademais dos partidos da tempada, fixeron dano ao equipo polo ano 1948, con varias lesións nas Finais da NBL de 1947 e 1948. O equipo engadiu a Bobby Wanzer para reemprazarsubstituír a Cervi, ademais doutros movementos no plantel. Ademais, a forte reputación do equipo fíxoo partícipe da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA).
 
Na tempada 1948-49, os Royals trasladáronse á BAA xunto aos [[Fort Wayne Pistons]], Minneapolis Lakers e Indianapolis Jets. Un ano despois, a BAA fusionouse cos demais equipos da NBL para convertirse na [[National Basketball Association]] (NBA).