Diferenzas entre revisións de «Leninismo»

m
Arranxiños
m (Arranxiños)
[[Ficheiro:Lenin CL Colour.jpg|thumb|left|Vladimir Lenin]]
O leninismo é basicamente a continuación do marxismo. O marxismo afirma que a clase obreira debe actuar contra a burguesía e o capital para instaurar o socialismo, e o leninismo di como facelo, creando unha "asociación" dos traballadores máis conscientes sobre a situación do proletariado, que sería un Partido Comunista, o cal organizaría a loita.
Unha das achegas máis importantes de Lenin foi na cuestión da organización comunista. Dicía que a loita económica do [[proletariado]] só o levaría a adquirir unha ideoloxía sindicalista e que a conciencia marxista e revolucionaria debían ser introducidas dende fora. Ademais, plantexabapropoñía que a clase obreira, para levar a cabo a súa actividade revolucionaria, debería contar cun [[vangardia revolucionaria|destacamento de vangarda]] que dirixira a súa loita, o [[Partido Comunista]]. Segundo Lenin, os obxectivos do partido só poderían ser alcanzados cunha forma de organización disciplinada coñecida como [[centralismo democrático]].
O Leninismo mantén que o [[imperialismo]] é o estado máis alto do [[capitalismo]], e que o capitalismo só se pode vencer ao [[capitalismo]] a través dos medios revolucionarios (calquera intento de reformar o capitalismo está destinado ao fracaso). Lenin cría na destrución do [[Estado]] capitalista a través da [[revolución]] proletaria, e en reemprazarsubstituír a ese Estado pola [[ditadura do proletariado]], un sistema de democracia dos traballadores, no que os traballadores terían o poder político a través de consellos chamados [[soviet]]s).
 
A teoría de Lenin sobre o imperialismo tiña como obxectivo mellorar a obra de [[Karl Marx]] explicando un fenómeno que Marx non predicira: o Capitalismo que se converte nun sistema global, Marx describírao como un sistema nacional). No medio desta teoría do imperialismo está a idea de que as nacións capitalistas avanzadas intentan evitar a revolución forzando que a súa sobreprodución entre nos mercados coloniais e explotando os recursos destas [[colonialismo|colonias]]. Isto permitía ás nacións capitalistas industrialmente avanzadas manter contentos ao seus traballadores, en parte tamén a través da creación dunha [[aristocracia obreira]]. Como resultado o capitalismo sería dirixido por ese sector privilexiado, representado polos partidos [[socialdemocracia|socialdemócratas]], ata o punto de que a revolución non ocorrería nas nacións máis avanzadas, como Marx previra, senón no Estado imperialista máis débil: [[Rusia]].
11.743

edicións