Ringo Starr: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Con The Beatles: arranxiño |
→''Ringo Rama'', ''Choose Love'' e ''Liverpool 8'' (2000-2009): texto traducido desde a wiki .es:Ringo_Starr#Ringo Rama, Choose Love y Liverpool 8 (2000-2009) |
||
Liña 125:
O mesmo ano, Walsh e The Roundheads uníronse a Starr no programa de televisión ''[[VH1 Storytellers]]'', que foi publicado como [[VH1 Storytellers (álbum de Ringo Starr)|disco en directo]] co mesmo título. Durante o concerto, alternou as cancións con detalles e anécdotas sobre a súa composición.{{sfn|Harry|2004|p=358}} No verán de 1998, volveu saír de xira coa cuarta edición de The All-Starr Band, que contou coa participación de [[Peter Frampton]], [[Gary Brooker]], [[Jack Bruce]], [[Simon Kirke]], [[Scott Gordon]] e Rivera. Un ano despois, publicou ''[[I Wanna Be Santa Claus]]'', un disco de villancicos no que rescatou «Christmas Time Is Here Again», unha canción gravada orixinalmente por The Beatles en 1967 para un álbum de nadal destinado ao club oficial de seguidores do grupo e recompilada en 1970 no álbum ''[[From Then to You]]''.
=== ''Ringo Rama'', ''Choose Love'' e ''Liverpool 8'' (2000-2009) ===
[[Ficheiro:Ringo Starr.jpg|miniatura|Ringo Starr en Nova York no 2005 durante a promoción de ''[[Choose Love]]''.]]
Ringo comezou a nova década ofrecendo concertos en [[Canadá]] e nos [[Estados Unidos]] con varias edicións de [[Ringo Starr & His All-Starr Band|The All-Starr Band]]: entre maio e xuño de 2000, saíu de xira coa sexta edición do grupo, integrada por [[Dave Edmunds]], [[Eric Carmen]], [[Jack Bruce]], [[Simon Kirke]] e [[Mark Rivera]], e un ano despois, cunha nova edición renovada e formada por [[Roger Hodgson]], [[Ian Hunter]], [[Howard Jones (músico inglés)|Howard Jones]], [[Greg Lake]] e [[Sheila E.]] O mesmo ano, colaborou con [[Jeff Lynne]] na gravación de ''[[Zoom (álbum)|Zoom]]'' (2001).
== Notas ==
|