Salvador, Baía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-Río de Xaneiro - Rio de Janeiro +Río de Janeiro); cambios estética
Liña 30:
'''Salvador''' é a capital do estado da [[Estado da Baía, Brasil|Baía]] e a terceira cidade do [[Brasil]] en tamaño de poboación. Tiña 2.443.107 habitantes segundo o Censo Demográfico [[2000]]. Foi fundada en [[1549]] co nome de ''Cidade de São Salvador da Bahia de Todos os Santos''. Foi a primeira capital do Brasil, de [[1549]] ata o [[1763]].
 
== Historia ==
A historia urbana de Salvador (''São Salvador da Bahia de Todos os Santos'', a primeira vila do Brasil) deu inicio coa chegada de europeos ao territorio dos tupinambás en dita baía. En concreto foi un naufraxio en 1510 o que aportou os primeiros colonos ó lugar, sinaladamente o portugués Diogo A. Correia, que os indios chamaron Caramurú e que integrouse entre eles. En 1535 coa súa muller, a india Catarina Paraguaçu convertida ao catolicismo, erixiron a Capela de Nossa Senhora de Graça preto de onde vivían e no ano seguinte arribou o primeiro ''donatario'' pola coroa portuguesa da Capitanía da Bahia, Francisco Pereira quen, coa súa axuda ante os indíxenas, fundou un primeiro asentamento naquel sitio, a '''Vila de Pereira''' <ref> ''Mapa da localización da Vila do Pereira (Vila Velha despois de 1549) na Baía de Todo-los Santos'' [http://4.bp.blogspot.com/-FeF144oJvNg/TjKQl9wUvSI/AAAAAAAAFGQ/uZk3OiPt0QA/s1600/OS%2BLIMITES%2B%25C3%2589%2BO%2BRIO%2BDOS%2BSEIXOS.png]</ref> na boca da baía (barrio de Barra, uns dous quilómetros ao sur da fundación posterior), a carón do Alto de San Antonio con porto na pequena enseada costeira, erguendo o chamado Castelo de Pereira. En 1545 os tupinambás arrasaron o poboado.
 
=== Fundación coma capital da colonia ===
[[Ficheiro:Planta da Restituição da BAHIA, por João Teixeira Albernaz.jpg|miniatura|240px|Salvador en 1630 co barrio da Sé ao norte (esquerda) da fundación inicial.]]
Por ese fracaso e catro anos despois, en 1549, chegou Tomé de Sousa coma gobernador xeral da colonia do [[Brasil]] co mandado de fundar alí (pola posición central da Capitanía da Bahia) unha vila para sé do goberno. Elixiu a defendible posición dos altos ou cantís (75m <ref> ''Recreación fotográfica da xeografía do lugar antes da fundación da vila'' [http://3.bp.blogspot.com/_rZxtUb7v96Y/TTsuAx4GAOI/AAAAAAAACXc/i5LWktbiU7E/s1600/Nova%2BImagem%2B%252819%2529.png]</ref>) sobor da costa máis ao interior da baía. Un recinto triangular reticulado e fortificado de tres portas e baixada ó mar (con peirao no ancoradoiro) que foi nomeada '''São Salvador'''<ref> ''Planta de Sao Salvador da Bahia de Todos os Santos no tempo da súa fundación segundo proxecto do mestre de obra Luiz Días en 1549'' [http://1.bp.blogspot.com/_rZxtUb7v96Y/TTss6GsT8TI/AAAAAAAACXE/KOtz6xOe6QY/s1600/Nova%2BImagem%2B%252811%2529.png]</ref><ref> ''Idem; "Geografia de Salvador" A.Bittencourt e P.Baqueiro, pdf (1,6Mb) páx. 31'' [https://repositorio.ufba.br/ri/bitstream/ufba/587/3/Geografia%20de%20Salvador%20.pdf]</ref> (pasando a chamarse Vila Velha o antigo asentamento) contiña unha praza principal coa casa do goberno (hoxe a Praza do Municipio) e outra pequena cunha igrexa parroquial (Ajuda) erixida polos xesuítas. Axiña estes quixeron construíren un colexio e un templo maior (despois a Sé, 1581) e así a cidade ampliouse ó norte da praza principal <ref> ''Planta esquemática da primeira ampliación ó norte de Salvador (a futura Praza da Sé aínda baleira)'' [http://4.bp.blogspot.com/_rZxtUb7v96Y/TT9GfxIT0vI/AAAAAAAACcE/xEENSMG32sc/s1600/Nova%2BImagem%2B%252888%2529.png]</ref>, onde gañou un novo centro arredor da Praza da Sé. Ata finais do [[século XVI]] aínda seguiu a súa expansión setentrional, co Terreiro de Xesús entre un novo e mais grande colexio xesuíta (1558) e San Francisco <ref> ''Planta esquemática da ampliación da retícula fundacional no barrio da Sé e o Terreiro de Xesús'' [http://vitruvius.es/media/images/magazines/grid_9/2ebe_arq093-03-07.jpg]</ref>, cara ó convento do Carmo fora do novo cinto de murallas. Na franxa costeira, servindo ao porto, foi conformándose a ''Cidade Baixa'' a carón da igrexa da Concepción da Praia <ref> ''Maqueta da vila do Salvador no século XVII coa Cidade Baixa e Alta ben diferenciadas'' [http://4.bp.blogspot.com/_rZxtUb7v96Y/Ssxg4nZbu8I/AAAAAAAAABA/hZKSkUCyufQ/s1600/C%C3%B3pia+de+Forte+S%C3%A3o+Marcelo+067.jpg]</ref>.
 
=== Séculos XVII e XVIII: Esplendor ===
[[Ficheiro:Planche XXXIV.jpg|miniatura|240px|Salvador en 1714 (N á esquerda).]]
Despois dos ataques e breve ocupación holandesa (que represaron o río das Tripas no leste) no primeiro terzo do [[século XVII]], Salvador prosperou coma centro administrativo e unha florecente economía baseada na exportación de cana de azucre e o comercio de escravos.
Liña 43:
Limitada orograficamente na dirección oeste-leste polos cantís do mar e o barranco do río das Tripas respectivamente, a consolidación urbana era obrigada na dirección norte-sur: ao norte, entre o Terreiro de Xesús e o convento do Carmo configurouse o que deviría en chamarse o Pelourinho (cuxo centro, o Largo do Pelourinho, ocupou a Porta do Carmo demolida en 1780) continuando máis aló ata Santo António além do Carmo; ao sur creceu o barrio de São Bento arredor do mosteiro homónimo e máis aló, na porta homónima (tamén demolida a fins do XVIII) configurouse a Praza da Piedade que abría os futuros desenrolos burgueses do sur (barrio da Vitória).
 
O [[século XVIII]] foi o do esplendor tardobarroco da capital do entón virreinato, cando erixíronse numerosos templos e residencias pacegas nese estilo. Despois de 1763 a capitalidade colonial mudou para [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]] e trala independencia do Brasil en 1823 a cidade declinou lentamente en beneficio do industrializado sur do país.
 
=== Século XIX e XX: Decadencia ===
En 1873 foi inaugurado o ''Elevador Lacerda'', importante novidade na difícil comunicación entre as cidades Alta e Baixa e futura icona da vila <ref> ''Vista do Elevador Lacerda dende a Cidade Baixa (Igrexa da Concepción da Praia); arriba a Praza do Municipio'' [https://archive.is/20120714143706/cms-oliveira.sites.uol.com.br/barroco7.jpg]</ref>. Precisamente na Cidade Baixa os sucesivos ''aterros'', que comezaran no século XVIII, tiveron o seu pulo máis importante entre 1860 e 1915 gañando superficie para as ampliacións portuarias e unha nova área urbana, Comércio <ref> ''Documentación sobor dos aterros do Comércio; as fotos embaixo son dos desenrolos do XIX'' [http://salvadorhistoriacidadebaixa.blogspot.com/2009/12/aterros-do-comercio.html]</ref><ref> ''Vista satelital do Comércio nos aterros do século XX na Cidade Baixa'' [http://maps.google.com/maps?q=-12.974722,-38.476667&hl=es&ll=-12.970936,-38.51135&spn=0.011145,0.013754&sll=-11.523088,-101.601562&sspn=0.005603,0.010943&vpsrc=6&t=k&z=16]</ref>.
 
Liña 53:
 
== Clima ==
Salvador ten un [[clima tropical]] cálido, con choivas no [[inverno]] e no [[verán]]. As temperaturas mínimas no inverno poden descender ao redor de 20 º&nbsp;°C, e as máximas no verán roldan os 36 º&nbsp;°C. A brisa, proveniente do [[Océano Atlántico]], mantén unha temperatura agradable ata nos días máis quentes de verán. A zona da cidade contigua á costa atlántica recibe fortes ventos que chegan dende o mar.
 
== Economía ==
Liña 66:
Salvador ten numerosas [[praia]]s ao longo da costa atlántica e da Baía de Todos os Santos. As principais praias urbanas son Itapuã, Praia dos Artistas, e Porto da Barra. As praias da cidade atraen tanto aos habitantes locais como a turistas, principalmente debido á agradable temperatura da auga. Algunhas praias contan con restaurantes típicos situados sobre a area onde se preparan [[marisco]]s e diversas bebidas. Ademais, nas praias pódense atopar postos de "bahianas", onde se pode comer o ''acarajé'', comida típica afro-brasileira á base de [[feixón]] e [[camarón]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.salvador.ba.gov.br Prefeitura Municipal de Salvador] consellería da cidade {{pt}}
 
{{Capitais do Brasil}}