Diferenzas entre revisións de «Fernão de Magalhães»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Río de Xaneiro - Rio de Janeiro +Río de Janeiro); cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-Río de Xaneiro - Rio de Janeiro +Río de Janeiro); cambios estética)
|ocupación = Navegante
|conxuxe =
|sinatura = [[FileFicheiro:Magellan Signature.svg|110px]]
}}
'''Fernão de Magalhães''', nado en [[Sabrosa]] ([[distrito de Vila Real]]) na primavera de [[1480]] e finado en [[Filipinas]] o [[27 de abril]] de [[1521]], foi un navegante [[Portugal|portugués]] coñecido porque, ao servizo do rei de [[España]], baixo o nome de '''Fernando de Magallanes''', foi o primeiro en cruzar o [[Estreito de Magalhães]] así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do [[Océano Pacífico]]. A súa expedición, posteriormente mandada por [[Juan Sebastián Elcano]], completou en [[1522]] a primeira viaxe de circunnavegación ao redor da Terra.
== A expedición ==
[[Ficheiro:Nao Victoria.jpg|miniatura|dereita|235px|Réplica da ''Victoria'', a primeira nao en dar a volta ao mundo]]
A armada fixo escala nas [[illas Canarias|Canarias]] e alcanzou a costa da [[América do Sur]], chegando o 13 de decembro a [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Rio de Xaneiro]]. Continuando para o sur, atinxiron o porto de [[Puerto de San Julián|San Xiao]] á entrada do estreito, na extremidade da actual costa da Arxentina, onde o capitán decidiu hibernar. Irrompeu entón unha revolta contra a súa autoridade que el conseguiu dominar con habilidosa astucia{{Cómpre referencia}}. Despois de cinco meses de paraxe, tempo no cal a nave ''Santiago'' foi perdida nunha viaxe de recoñecemento, mais tendo sido os seus tripulantes rescatados, Magalhães encontrou o estreito que hoxe leva o seu nome, aprofundándose nel. Noutra viaxe de recoñecemento perdeuse outra nave, mais desta volta tratábase dun motín no Santo Antonio onde a tripulación, sen que soubese nada o seu capitán maior, iniciou unha viaxe de volta (realmente estes completaron a viaxe, espallando ofensas contra Magalhães en España).
 
En novembro a escuadra atravesou o estreito, penetrando nas augas do mar do sur, bautizado «Pacífico». Despois de cerca de catro meses, a fame, a sede e as doenzas (principalmente o [[escorbuto]]) comezaron a decimar a tripulación. No [[Océano Pacífico|Pacífico]] encontrou as [[nebulosa]]s que hoxe ostentan o seu nome: as [[nebulosas de Magalhães]].
393.002

edicións