Seareiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Ind.jpg" que foi borrado en Commons por Alan. Motivo: Copyright violation; see Commons:Licensing and Precautionary principle - Using
m recoloco imaxe na cabeceira do artigo
Liña 1:
[[Ficheiro:Bancada do Celta partido Celta Depor.jpg|esquerdadereita|miniatura|Seareiros do [[Celta de Vigo]].]]
Un '''seareiro'''<ref>{{DRAG|seareiro}}</ref> é unha persoa afeccionada a un determinado [[deporte]], á que lle gusta ir animar aos partidos ou competicións deportivas a algún equipo ou deportista. Normalmente, o seareiro é afeccionado a un só club deportivo ou deportista en concreto e acode con frecuencia ás competicións oficiais ou amigábeis nas que participa, a miúdo vestido cunhas cores representativas e realizando danzas e cánticos. A súa paixón na defensa do seu equipo ou deportista pode ir desde a simple afección até o radicalismo propio dun [[fan]]. Algúns seareiros poden unirse en [[peña]]s ou grupos afíns para se organizaren e cantar as mesmas cancións e berros, facer murais, facer viaxes longas etc.
 
== Seareiros na Galiza ==
[[Ficheiro:Bancada do Celta partido Celta Depor.jpg|esquerda|miniatura|Seareiros do [[Celta de Vigo]].]]
O fenómeno dos seareiros xerouse fundamentalmente arredor do deporte máis estendido no país, o [[fútbol]], se ben tamén é doado encontrar grupos de seareiros entre os seguidores doutros deportes coma o [[balonmán]] ou o [[baloncesto]]. Os grupos máis numerosos de seareiros cóntanse entre os seguidores dos dous principais clubs de fútbol da Galiza: o [[Celta de Vigo|Celta]] e mais o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]].
* Os seareiros do '''Celta''' en conxunto son coñecidos coma celtiñas, celtistas, celestes, se ben o grupo de seareiros organizados máis coñecido e importante son os [[Celtarras]].