Atlántida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
Orixinalmente mencionada polo filósofo [[Grecia|grego]] [[Platón]] en dous dos seus diálogos (Timeo e Critias), cóntanos que [[Sólon]] no curso das súas viaxes por [[Exipto]] falando cun [[sacerdote]] que vivía en [[Sais]], no [[delta do Nilo]], fálalle dunhas tradicións ancestrais relacionadas cunha guerra perdida nos anais dos tempos entre os [[Atenas|atenienses]] e o pobo de Atlantis. Segundo o sacerdote, o pobo de atlantis (ou Atlántida) viviría nunha illa localizada para alén dos piares de [[Heracles]], onde o [[Mediterráneo]] terminaba e o [[Océano]] comezaba.
Segundo a [[mitoloxía grega]] a Atlántida formaba parte do reino de [[Poseidón]], Deus dos mares, e nas nas montañas do centro da illa vivía unha rapaza orfa de nome [[Clito]], da que Poseidon se apaixonou e para poder cohabitar con ela formou unha barreira constituída por unha serie de murallas de auga e fosos acuíferos arredor da vivenda da súa amada. Deste xeito viviron moitos anos e da súa relación naceron cinco pares de xemelgos, ao máis vello o deus dos mares deulle o nome de [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]]. Despois de dividir a illa en dez áreas anelares, deulle a supremacía a Atlas, dedicándolle a montaña de onde Atlas espallaba o seu poder sobre o resto da illa. En cada un dos distritos (aneis terrestres ou cintos), reinaban as monarquías de cada un dos descendentes dos fillos de Clito e Poseidón, estes reuníanse unha vez ao ano no centro da illa, onde se localizaba o palacio central e o templo a Poseidón que tiñan os muros cubertos de ouro. A reunión marcaba o inicio dun festival cerimonioso en que cada un dos monarcas tiña que cazar un touro, para beberen do seu sangue e comeren da súa carne entre críticas e loanzas.
Atlántida sería unha illa de extrema riqueza, quer vexetal e mineral, non só era a illa magnificamente prolífica en depósitos de ouro, prata, cobre, ferro etc. como aínda de orichac, un metal que brillaba como fogo.
 
Os Reis de Atlántida, construíron innumerables pontes, canais e pasaxes fortificadas entre os seus cintos de terra, cada un protexido con muros revestidos de bronce no exterior e estaño no interior, entre estes brillaban edificios construídos de pedras brancas, negras e vermellas.
Liña 13:
Tanto a riqueza e a prosperidade do comercio, como a inexpugnable defensa das súas murallas, se tornarían imaxes de marca da illa
 
Pouco máis se sabe de Atlántida, segundo Platón, esta foi destruída por un desastre natural (posibelmenteposiblemente un terremoto ou maremoto) preto de 9000 anos antes da súa era. Crese aínda que os atlantes foran vitimas das súas ambicións de conquistar o mundo ao seren decimados polos atenienses nesta tentativa.
Outra tradición completamente diferente chéganos de [[Diodorus Siculus]], en que os atlantes eran veciños dos libios e que foran atacados e destruídos polas amazonas.
[[Ficheiro:Nemo_Aronax_Atlantis.jpg|miniatura|180px|Atlántida sumerxida, en ilustración da obra [[Vinte mil leguas baixo dos mares]]]]
 
Segundo outra lenda, o [[pobo]] que habitaba a Atlántida era moito máis evoluído que os outros pobos da época, e ao prever a destrución inminente emmigrouemigrou para [[África]], sendo os antigos [[Exipto|exipcios]] descendentes da cultura de Atlántida.
 
Na [[cultura pop]] do [[século XX]], moitas [[banda deseñada|bandas deseñadas]], [[filme]]s e [[debuxo animado|debuxos animados]] retratan a Atlántida como unha cidade asulagada, poboada por [[serea]]s ou outros tipos de [[humano]]s subacuáticos.