Bisonte europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m refs
Almaffi (conversa | contribucións)
Liña 86:
Pola súa parte, desde o [[século XVI]] as dinastías reinantes en [[Rusia]], [[Lituania]] e [[Polonia]] consideraron que a morte dun bisonte era privilexio da realeza, chegando a castigar o furtivismo incluso coa morte nalgunhas ocasións. Isto permitiu unha supervivencia máis ou menos aceptábel deste animal en [[Europa oriental]] até a [[Primeira Guerra Mundial]], cando comezaron a ser masacrados por decenas para alimentar aos soldados e aos refuxiados. En [[1919]] morreu o último bisonte polaco na rexión de Białowieża, e en [[1927]] fíxoo o último exemplar que vivía en liberdade no Cáucaso. A especie extinguiríase totalmente de non ser porque había nese momento uns 50 individuos vivindo en parques zoolóxicos repartidos por todo o mundo.
 
En [[1923]] constituíuse en [[Polonia]] a ''Compañía Internacional de Defensa do Bisonte'' (CIDB), que defendía a recuperación desta especie. Nos anos [[1950]] conseguiu o permiso do goberno polaco para reintroducir 12 exemplares (11 polacos, máis o último bisonte caucásico, chamado por iso ''Kaukasus'') no bosque de Białowieża, que foi declarado [[Parque Nacional Bialowieza|Parque Nacional]]. En [[1966]] a [[ONU]] incluíu o bisonte europeo no seu [[CITES|lista de animais protexidos]].
 
Desde entón, os esforzos combinados do CIDB e varios parques zoolóxicos de distintos países lograron un notábel éxito: de aqueles 12 individuos descenden hoxe en día máis de 600 bisontes que habitan en distintos parques nacionais [[Polonia|polacos]], e varias novas mandas foron introducidas en réxime de semiliberdade en [[Bielorrusia]], [[Rusia]], [[Romanía]], [[Ucraína]], [[Lituania]] e [[Quirguistán]], ademais de en [[España]], onde o [[4 de xuño]] de [[2010]] reintroducíronse, despois de mil anos, sete exemplares no municipio [[Provincia de Palencia|palentino]] de [[San Cebrián de Mudá]], [[provincia de Palencia|Palencia]].<ref name="Bisontes europeos en Palencia - El Mundo">{{cita web| título = Los bisontes regresan a la península mil años después de su desaparición| url = http://www.elmundo.es/elmundo/2010/06/04/castillayleon/1275667194.html | dataacceso = 12 de maio de 2012 | idioma = español | autor = Diario ''El Mundo'' (España)}}</ref> os cales se adaptaron tan ben que até conseguiron reproducirse, sendo xa 9 individuos.<ref>{{cita web| título = Nace un bisonte europeo en Palencia | url = http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Nace/bisonte/europeo/Palencia/elpepusoc/20100816elpepusoc_1/Tes | dataacceso = 12 de maio de 2012 | idioma = español | autor = Diario ''El País'' (España)}}</ref> Tamén existe un proxecto para reintroducir a especie en [[Francia]].