Judas Priest: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Abreconcertos por telonear
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎A entrada de Downing e Hill: Meses en minúscula
Liña 31:
=== A entrada de Downing e Hill ===
 
A finais de 1970, [[Al Atkins]] escoitou a [[K.K. Downing]], [[Ian Hill]] e [[John Ellis]] ensaiando nunha vella igrexa nos arredores da cidade que fora reformada para cuartos de ensaios musicais. O son forte destes mozos chamoulle a atención e propúxolles reformar Judas Priest. Downing, Hill e Ellis xa levaban 6 meses ensaiando como un trío, pero nunca tiveron vocalista, nunca compuxeron temas, nin realizaron presentacións públicas. Só ían a devandito lugar a tocar os seus temas favoritos, segundo comenta [[K.K. Downing]], aínda que si tiñan un nome, "Freight". Aceptaron a proposta de Atkins e decidiron utilizar o nome de “Judas Priest”. [[K.K. Downing]], nunha entrevista que lle realizaron para a B.B.C en 1991 confesou que, antes da súa primeira audición con Judas Priest, vira pasar pola rúa a furgoneta da banda, co nome de “Judas Priest” pintado en aerosol ao carón da mesma, e pensou nese momento que lle gustaría pertencer a ela. Así, con novos integrantes inxectando novas ideas e co material composto por Atkins e os seus antigos compañeiros, Judas Priest comeza a traballar nun son propio, logrando facer o seu debut nun concerto o 16 de Marzomarzo de 1971 no "Essington St. John's Hall" como banda soporte de [[Thin Lizzy]]. Ellis faría a súa última presentación coa banda o 6 de Outubrooutubro de 1971 no "Derby Yeoman", dando paso a Alan Moore, quen debutou o 15 do mesmo mes no "Newport Comunity Center". En 1972 Moore é substituído por [[Chris Campbell]], tamén coñecido como "Congo" debido á súa cor de pel. Esta formación durou ata maio de 1973, lapso de tempo durante o cal Judas Priest chegou a compartir cartel con outras prestixiosas bandas como [[Status Quo]], [[Gary Moore]], [[Supertramp]], [[Magnum (banda)|Magnum]], [[Slade]], [[Budgie]], [[Family]] ou [[Spirit]], entre outros. Gravaron tamén un single de produción propia, chamado "The Age of the Tyrant", que contiña o tema "The Tyrant". Aínda así, o contrato discográfico non chegaba e os ingresos da banda non eran suficientes para que os catro músicos vivisen dela. [[Al Atkins]], quen era o único dos membros que estaba casado e xa tiña un fillo, convencido de que non chegarían a nada, decide deixalos para buscarse un traballo fixo con ingresos máis regulares. [[Chris Campbell]] tamén deixa o grupo ao pouco tempo.
 
=== A chegada de Halford ===