Blood Filloas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Abreconcertos por teloneiros
Castelao (conversa | contribucións)
m Abreconcertos por telonear
Liña 22:
O 8 de maio tocan na Praza Vermella de [[Cedeira]] xunto a [[Slot]], [[Amadeus]] e [[Os Maruxa]]. O 11 de xuño é a final do concurso promovido dende os Institutos de Bacharelato da comarca, A Mocidade coa Lingua, na Praza de Amboage de Ferrol. Tocaron os temas "Corta o pelo Landrú" e "You Know" (¡Mais o que ben quixo un día!) adaptando un poema de [[Rosalia de Castro]]. Gañaron o premio, 30.000 pesetas, e deixaron o instituto.
 
O 19 dese mesmo mes actúan no Casino de [[Fene]] teloneandocomo á abreconcertos da [[Orquesta Los Capris]], acompañados por Danny Abeledo ós teclados e Alberto Malpaso á armonica. O 25 de xuño tocan no Pub Queliceros de Ferrol, e o 13 de agosto na praza do concello de Fene.
 
O 8 de outubro tocan na discopub Bristol de Ferrol, teloneadostendo porcomo abreconcertos a [[El álamo]]. Tres temas marcan aquela actuación e seu estilo posterior como banda: "I need you" de [[The Kinks]], "Psycho" de The Sonics, e "Corre corre" de [[Leño]]. Repiten nesa sala o 21 de novembro, desta volta con [[Escuadrón diabólico]], [[Torniquete menstrual]], [[Blind river]] e [[Tender trap]].
 
O 10 de decembro compoñen e gravan a sintonía do programa musical [[Gorevisión]] ([[TV Narón]]), que comeza a súa emisión o 30 dese mes. Nese programa emítese a primeira actuación de Victor Alvarez coa banda, sendo un punto de inflexión na busca dunha identidade musical para a mesma. Así, co cambio de ano, Víctor substitúe a Óscar no baixo, e Nicolás Lage fai o propio relevando a Toni na batería.
Liña 36:
O 28 de xaneiro de 1995 Anxo García "Pulpo" entra como batería, xa definitivo. O 20 de abril chegan á final do concurso do Bar "Nirvana" de Madrid, entre 400 grupos. O 29 de abril gravan o seu primeiro sinxelo, ''Blandi-Blood'', nos Estudios Fussion ([[Vigo]]), para [[Toxic Records]], selo propiedade de Billy King, membro de [[Killer Barbies]].
 
O 12 de maio gravan dous temas en playback para o programa da [[TVG]] ''Clipmanía'': "She is cool" e "My Cake". O 17 de xuño, tamén nos Estudos Fussion de Vigo, gravan o tema "Superheroe" para o Xabarín Club. O 1 de xullo gañan o concurso do Bar Planta Baixa de Vigo. O premio era a gravación dun LP. En agosto fan a súa primeira xira, que os leva por [[Valencia]], [[Alacant]], [[Albacete]] e [[Murcia]]. O 24 de setembro teloneanforon áabreconcertos da banda dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] [[White Flag]] en Ferrol, e o día 28 á banda de [[Seattle]] [[The Posies]] en Vigo. O 11 de novembro comeza a emitirse o videoclip do tema "Superheroe", incluído no recompilatorio ''[[A cantar con Xabarín]]''. O 9 de xaneiro de 1996 actúan no Ferrol con [[Los Limones]] no espectáculo itinerante do Xabarín Club. Nese mesmo mes o fanzine ''Subterfuge'' edítalles un sinxelo de vinilo, compartido co grupo [[Frogger]]. Tamén nese mes gravan unha versión do clásico "Mack the Knife" para a BSO da curtametraxe ''The End'', debut en 35 mm e terceira colaboración co tamén ferrolano [[Carlos Alberto Alonso]].
 
A súa canción "Asian Girl", na que colabora [[Silvia Superstar]], aparece na BSO de ''Killer Barbies'', película de [[Jess Franco]]. Editan o seu primeiro CD, ''Toys are us'', con "Subterfuge Records", producido por Fernando Pardo (membro de [[Sex Museum]] e como parte do premio do concurso de Planta Baixa. Realizan a función de abreconcertos dos australianos [[DM3]] na xira que os levou por [[Madrid]], [[Ourense]], Vigo, León, Valencia, Castelló, St. Ettiene (Francia), Lyon (Francia), Burdeos (Francia) e Bilbao.