Metallica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Abreconcertos por teloneiros
Liña 23:
Coa edición de ''Metal Massacre'' no mes de xuño, o grupo, tras renegar da versión de ''Hit the Lights'' aparecida no mesmo, por se atopar completamente desfasada do que constituía o seu novo son, decide grava-la súa primeira demo, titulada ''Non Life 'till Leather'' probablemente nunha alusión ó disco de Motörhead ''Non Life 'till Hammersmith''. Sete temas formarían parte desta demo, entre as que se atopaba unha versión moito máis potente e acelerada de ''Hit the Lights'', conseguindo en xeral grandes críticas por parte da prensa especializada. Cunha axenda de concertos cada vez máis poboada, Hetfield e Ulrich comezan a se suxeri-la substitución de Ron debido á súa falta de interese no grupo, á vez que empezan a aparece-los problemas con Dave Mustaine derivados dun carácter extremadamente violento unido ó consumo extremo de alcol e drogas de toda clase. Coñecedor da necesidade de Metallica de recrutar un novo baxista, Brian Slagel recomenda a Lars e James que vexan en directo á banda Trauma, que remataba de editar un das súas temas na segunda entrega de ''Metal Massacre''. Hetfield e Ulrich quedarían totalmente impresionados coa destreza e presenza no escenario do seu baxista, [[Cliff Burton]], ofrecéndolle inmediatamente o entrar a formar parte de Metallica, o cal sería inicialmente rexeitado por Burton.
 
Aínda con McGovney nas súas fías, a banda gravaría o [[29 de novembro]] do mesmo ano unha demo en directo no ''The Waldorf'' de San Francisco, que recibiría o nome de ''Live Metal Up Your Ass'' e na que estrearían o tema Whiplash, inédito ata entón. O concerto tería como teloneirosabreconcertos a [[Exodus]], cuxo guitarra solista, un xove [[Kirk Hammett]], causaría unha grande impresión no tándem Hetfield-Ulrich, que ante os crecentes problemas con Mustaine, comeza a consideralo como un substitúo perfecto. Pouco tempo despois tería lugar a expulsión efectiva de Ron McGovney ante a aceptación de Burton da proposta de se unir a Metallica. A única condición non negociable que pon o baxista é que a banda trasládese a San Francisco, onde os novos sons thrasheros comezaban a ter unha lexión de seguidores que recibiron o nome de ''Bay Area Bangers''.
 
=== Kill 'em All ===