Dire Straits: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiños
Castelao (conversa | contribucións)
m Abreconcertos por teloneiros
Liña 25:
Cando un coñecido disc-jockey dunha emisora de radio en Londres pinchou a maqueta na súa emisora, a reacción da audiencia foi moi favorable, o que obrigou ó pinchadiscos a seguir emitindo a música dos Knopfler e compaña. Entre os ouvintes da emisora atopábase un coñecido mánager da casa discográfica [[Fonogram]], á busca de novos talentos, quen non cesa ata que consegue que os ''Dire'' asinan un contrato coa súa compañía. O mesmo representante de Fonogram preséntalles a unha representante para os seus concertos.
 
Os Dire Straits actúan coma teloneirosabreconcertos do grupo norteamericano 'Talking Heads', na súa xira por [[Gran Bretaña]], o que lles permite coller experiencia e darse a coñecer. Entre tódalas notas do grupo destacan as da guitarra de Mark Knopfler, quen nos obsequia con sons extraordinarios entre o [[Blues]] e o [[Música rock|Rock]].
 
En marzo de [[1978]] publican o seu primeiro álbum, 'Dire Straits'. Pouco despois comezan a facer concertos en solitario, incluso fóra do [[Reino Unido]]. Por desgraza, as vendas do disco non son demasiado elevadas. Un ano despois gravan 'Communiqué', o seu segundo álbum e o menos vendido do grupo. Para compensar, sacan 'Making Movies', unha volta ao rock clásico, con temas máis fortes. Con 'Lover Over Gold' dan un novo xiro ao seu estilo, máis ao aire que a Mark lle gusta seguir. Un disco con sons case orquestais, aínda que sobre a base do Rock.