Melt-Banana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Abreconcertos por teloneira
Liña 19:
En [[1991]], mentres asistía á Tōkyō Gaikokugo Daigaku (Universidade de Tokyo para Estudos Estranxeiros), Yasuko Onuki fundou unha banda chamada Mizu e, despois de pouco tempo ensaiando con outro guitarrista, recrutou a Ichirou Agata para tocar a guitarra no grupo. O batería e o baixista orixinais de Mizu deixárono seis meses despois de que chegase Agata, ocupándose Yasuko do baixo e as voces ata que atopou a Rika Hamamoto. Ao pouco tempo comezaron a realizar concertos por [[Tokyo]] sen batería. Toshiaki Sudoh uniríase á banda para tocar a batería en novembro de [[1992]] e entón decidiron cambiar o nome para o de Melt-Banana.
 
En maio de [[1993]] Melt-Banana fixo un concerto como teloneiraabreconcertos de KK Null, que quedou impresionado e ofreceulles de inmediato un contrato co seu selo. Posteriormente os presentaría a Mark Fischer de Skin Graft Records e a [[Steve Albini]].
 
Melt-Banana leva editados dez álbums e 23 EPs (principalmente compartidos con outras bandas, e recompilados a meirande parte deles nun disco en [[2005]]). En [[1997]] fundaron a súa propia discográfica, A-Zap (antigamente Iguana Coax), e reeditaron case todos os seus primeiros traballos. Nese tempo o batería Toshiaki Sudoh deixou o grupo. Recentemente a banda tivo varios baterías apoiando as xiras e gravando álbums.