Diferenzas entre revisións de «Ernest Rutherford»

m
sen resumo de edición
m (arranxiños)
m
'''Ernest Rutherford''', Barón Rutherford de Nelson e de Cambridge, nado en [[Brightwater]] ([[Nova Zelandia]]) o [[30 de agosto]] de [[1871]] e finado en [[Cambridge]] o [[19 de outubro]] de [[1937]] foi un [[Física|físico]] [[Reino Unido|británico]].
 
Está considerado o pai da [[física nuclear]]. Dedicouse ao estudo das partículas radioactivas, clasificándoas en [[Partícula alfa|alfa]] (α), [[Partícula beta|beta]] (β) ye [[Raios gamma|gamma]] (γ). Achou que a [[radioactividade]] ía acompañada por unha desintegración dos [[Elementos químicos|elementos]], o que lle valeu o [[Premio Nobel de Química]] en [[1908]]. Deseñou un [[Modelo atómico de Rutherford|modelo atómico]], co que probou a existencia do [[núcleo atómico]], no que se reúne toda a [[Carga eléctrica|carga]] positiva e case toda a masa do [[átomo]]. Ademais, coa colaboración do seu discípulo [[Frederick Soddy]], conseguiu a primeira transmutación artificial.
 
Se durante a primeira parte da súa vida consagrouse por completo ás súas investigacións, pasou a segunda metade dedicado á docencia e dirixindo os [[Laboratorios Cavendish]] de [[Cambridge]], no que se descubriu o [[neutrón]], e no que se formaron [[Niels Bohr]] e [[Robert Oppenheimer|Oppenheimer]]. A súa influencia neste terreo da física que descubriu foi pois especialmente relevante.
13.588

edicións