Ditongo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
 
=== Ditongos decrecentes ===
Formados por unha vogal forte ou de maior abertura ("a", "e", "o") e outra fraca ou pechada ("u" ou "i"). Neste caso os órganos articulatorios pasan dunha posición febleaberta e outra fortepechada.
 
Os ditongos decrecentes son, a diferenza dos crecentes, moi estables en galego. Poden aparecer en sílaba tónica ou átona: "ai" (caixa, embaixada), "ei" (queixa, queixada), "oi" (noite, aboiar), "au" (raudo, automóbil), "eu" (bateu), "ou" (mouro, ousar). De entre eles, "au" é o menos característico do galego e o menos frecuente en voces patrimoniais.