Silvestre I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ortografía
Liña 8:
A súa autoridade veuse eclipsada pola de Constantino, non asistindo ao sínodo de [[Arles]] (314) nin ao concilio de Nicea (325), convocados polo emperador. Mais todo iso non impediu que, con el ou sen el, fose durante o seu pontificado cando a autoridade da Igrexa fose establecida e que se edificasen os primeiros monumentos cristiáns: a igrexa do Santo Sepulcro en [[Xerusalén]], as basílicas de San Xoán de Letrán e a de San Pedro en Roma, as igrexas dos Santos Apóstolos e a de Santa Sofía en [[Constantinopla]].
 
Os historiadores cristiáns de época romana ([[Eusebio de Cesarea]] e [[Lactancio]]) atribuíran a conversión de Constantino a unha visión, que este sufriría xusto antes da [[batalla de Ponte Milvio]], na cal triunfou sobre [[Maxencio]] (312). Mais a tradición medieval, transmitida nomeadamenteespecialmente a través da [[Lenda Áurea]], dou unha interpretación diferente: o emperador estaba cuberto dunha lepra incurable, e entón Silvestre teríao bautizado por inmersión nunha piscina, o que tería o efecto de sandarlle a lepra, comprendendo que debía defender a fe cristiá. Este episodio nárrase tamén na [[Doazón de Constantino]], texto aparecido no [[século IX]], polo que se concedía ao papa Silvestre o poder sobre Occidente. O carácter apócrifo e carente de valor dese texto está hoxe admitido pola Igrexa.
 
Atribúense a Silvestre outros milagres, por exemplo, resucitar un touro e domar un [[dragón]].