Diferenzas entre revisións de «Paleozoico»

Durante a primiera metade do Paleozoico evolucionaron formas de vida máis complicadas. Os [[peixe]]s foron os primeiros animais que desenvolceron unha [[espiña dorsal]], e os máis antigos viviron hai máis de 400 millóns de anos no período [[Ordovicico]]. A mediados do Paleozoico, os peixes abarrotaban os [[mar]]es.
 
Durante esta era, algúns [[molusco]]s creceron e desenvolveron un [[cerebro]] maior e máis eficaz. Estes novos moluscos nadaban utilizando un tipo de propulsión a chorro. Cara ao período [[Devónico]] evolucionaron os peixes. Os primerosprimeiros non tiñan [[mandíbula]]s. Despois evolucionaron peixes xigantescos e, máis tarde, os de aletas lobuladas desenvolveron [[pulmón]]s,dando orixe aos [[anfibio]]s.
 
Xeoloxicamente,o Paleozoico iníciase pouco despois da desintegración do supercontinente Pannotia e acaba coa formación do supercontinente [[Panxea]]. Durante a maior parte da era, a superficie terrestre dividíase nun número relativamente pequeño de [[continente]]s. A finais da era Paleozoica houbo importantes cambios no relevo da [[codia terrestre]], aparecendo as cordilleiras tanto no océano como na terra, e producíronse as primeiras invasións [[glaciar]]es extensas, o que permitiu o aumento da extensión e altitude dos continentes, determinando profundas perturbacións nos climas existentes e, como consecuencia, nos organismos que poboaron as extensións continentais.
229.600

edicións