Sebastián Malvar Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ ligazóns
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
==Traxectoria==
Estudou no [[convento de San Francisco de Pontevedra]] e no [[convento de San Francisco de Ribadavia]]. Realizou estudos eclesiásticos en [[Salamanca]], cidade onde se ordenou como franciscano o [[5 de marzo]] de [[1747]]. Completou a súa formación anos despois realizando estudos de [[Teoloxía]], e finalmente obtivo o grao de doutor na universidade salmantina e unha cátedra de Teoloxía, o que lle deu renome e fama. En [[1777]] foi designado para ocupar a [[arquidiocese católica latina de Buenos Aires|sé episcopal de Buenos Aires]], a onde viaxou acompañado do seu sobriño sacerdote [[Pedro Acuña e Malvar]], e do seu confesor persoal Frei [[Pedro Guitián Arias]].
 
Unha vez en Buenos Aires, Malvar percorreu o territorio e observou a necesidades de igrexas, polo que ordenou erixir novas parroquias e poboados. As súas primeiras iniciativas á fronte da súa diocese foron encamiñadas a mellorar os costumes e a incrementar a evanxelización, preocupándose tamén por finalizar as obras de reconstrución da catedral porteña. Nos seis anos que permaneceu na diocese o bispo Malvar tivo varios enfrontamentos co vicerrei Vértiz –un crioulo con tendencias renovadoras-, así como co cabido catedralicio, por cuestións de preferencia e privilexios. Pola súa mentalidade conservadora, o bispo Malvar promoveu os exercicios espirituais e prohibiu as corridas[[Corrida de touros|corridas de touros]]{{Cómpre referencia}}.
 
En [[1784]] foi nomeado [[Arquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo de Santiago de Compostela]], grazas, entre outros méritos, á súa implicación na sufocación da rebelión encabezada polo [[inca]] [[José Gabriel Cordoncanqui]] ([[Túpac Amaru II]]). Na viaxe de regreso, ao desembarcar en [[Cádiz]], protagonizou xunto co seu sobriño un curioso suceso: os funcionarios de aduanas acusáronos de traer, fraudulentamente, na equipaxe que portaban, unha considerable cantidade de barras de ouro sen rexistrar. Para resolver o incidente Malvar doou a mercancía á Coroa, co que quedaba exenta de rexistro. Con todo, ao parecer, o rei devolveulla para que a empregase en obras en Compostela. O arcebispo Malvar faleceu na capital da súa arquidiocese aos once anos de tomar posesión dela.