Manuel Acuña Malvar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
Cando comezou a [[Guerra da Independencia Española]] atopábase en [[Sevilla]]. En xaneiro de [[1809]] reuniuse no [[Castelo de Monterrei]] canda ao tenente coronel [[Manuel García del Barrio]] e o alférez [[Pablo Morillo]]. A [[Xunta Suprema do Reino de Galicia]] comisionounos ante [[Pedro Caro y Sureda]] para fomentar a [[guerrilla]] en [[Galiza]]. Loitou en Tui, [[Vigo]], na [[batalla de Ponte Sampaio]] e en [[Pontevedra]] en Campolongo e Ponte Boleira. Foi nomeado comisario do [[Arsenal de Ferrol]] tras llo arrebatar ás tropas francesas. Rematada a guerra regresou a Sevilla.
 
Comezou a colaborar coa prensa liberal, como ''[[El Ciudadano por la Constitución]]'' da [[A Coruña|Coruña]] ou ''[[El Patriota Compostelano]]'' e ''[[La Gaceta Marcial]]'' de Santiago, desde os cales atacou a Múzquiz e ao cabido acusándoos de absolutistas. Tralo regreso ao trono de [[Fernando VII]] foi encarcerado seis anos no [[convento de Herbón]] canda a [[Diego Muñoz Torrero]]. En 1820 foi liberado polas tropas ao mando do coronel Acevedo, mais foi apresado de novo pouco despois. Xa maior, retirouse á unha finca da súa propiedade en Artes, chamada La Soledad.
 
==Notas==