Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 195:
 
== Valoración ==
O Goberno Provisional nunca contara cun poder completo sobre o aparato do Estado, dependendo do acordo coas forzas políticapolíticas e do respaldo popular a través de organizacións como o [[Soviet de Petrogrado]] ante a súa falta de lexitimidade formal.<ref name="gill241"/> A pesar de aprobar unha inxente cantidade de leis<ref name="pethybridge146">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 146</ref> e importantes reformas políticas (amnistía, abolición da discriminación relixiosa ou nacional, extensión dos dereitos civís, abrogación da pena de morte, igualdade de dereitos para as mulleres, separación da Igrexa e do Estado, concesión de autonomía a diversas rexións...) e sociais (aprobación da xornada de oito horas, formación de comités de empresa, instauración dun Ministerio de Traballo, implantación dun monopolio sobre o gran...) o Goberno non puido aplicar moitas delas pola falta de control administrativosadministrativo do país.<ref name="mosse412">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 412</ref><ref name="pethybridge191">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 191</ref> Os seus intentos de publicitar as reformas aprobadas foron un fracaso.<ref name="pethybridge146"/>
 
Para a súa desgraza, pouco logo da súa formación, o Goberno provisional gañouse a antipatía de grandes sectores da poboación e quedou nunha posición debilitada e vulnerable. Unha das causas principais da impopularidade crecente do Goberno foi a súa política agraria, que se gañou a oposición do campesiñado, o que ademais influíu na hostilidade das tropas da capital, de extracción campesiña. O Goberno non logrou estender o seu control máis aló das cidades de provincias e foi incapaz de convencer ou forzar aos campesiños a entregar as súas colleitas para abastecer as cidades, o que levou á falta de recursos das mesmas e á radicalización dos traballadores.<ref name="gill253">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 253</ref> A antiga administración disolveuse en numerosas ocasións e os delegados gobernamentais, os comisarios, carecían en moitos casos de poder real para aplicar as decisións do Consello de Ministros.<ref name="pethybridge212">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 212</ref><ref name="wade56"/> Este houbo de compartir autoridade cos soviets que xurdiron por todo o país, ademais de con outras organizacións. Malia contar coa responsabilidade de goberno e a autoridade teórica, o poder residía a miúdo non no Consello de Ministros, senón nestas organizacións. As coalicións formais entre socialistas e liberais non puxeron fin a esta situación de tensión polo poder entre Goberno e Soviet de Petrogrado, que se repetiu por todo o país.<ref name="wade57">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 57</ref> Os sucesivos gabinetes, case en continua crise, carecían ademais da lexitimidade de ser elixidos, xa que eran o resultado de acordos entre reducidos grupos de dirixentes políticos da capital.
 
Os sucesivos gabinetes, inexpertos na xestión do Estado, mostráronse incapaces de formular políticas claras<ref name="anin446">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 446</ref> e de aplicalas coa celeridade necesaria pola situación de crise.<ref name="gill253"/> Os cinco gabinetes mostraron ademais unha perpetua división<ref name="anin446"/> entre as tendencias presentes no seu senoseo: a dereita, que desconfiaba da institución do [[Soviet de Petrogrado]], e a esquerda, temerosas das posibles accións do alto mando militar.<ref name="gill253"/> As tensións internas levaban continuamente a compromisos de mínimos para lograr un acordo interno.<ref name="gill254">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 254</ref> O empeño dos socialistas moderados en manter a coalición cos liberais a pesar das diferenciasdiferenzas levou ademais á parálise do Goberno e ao desprestixio dos socialistas.<ref name="wade36">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 36</ref> Os diversos Gobernos nonon lograron tampouco acabar coa guerra, un dos principais intereses da poboación, esgotada polo conflito.<ref name="wade37">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 37</ref> O programa liberal, constituído fundamentalmente pola promulgación dunha amnistía e da extensión de dereitos e liberdades civís á poboación, cumpriuse practicamente nos dous primeiros meses do período revolucionario, pero os obxectivos máis desexados polas masas (o fin da guerra, a recuperación económica e o reparto de terras) non foron alcanzados polo Goberno.<ref name="uldricks614">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 614</ref><ref name="pethybridgeIX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. IX</ref> A maioría da poboación non cifraba as súas esperanzas en cambios políticos, senón noutros, sociais e económicos, que os bolxeviques souberon sintetizar nos seus lemas favorables ao control obreiro das fábricas, o reparto das leiras dos terratenentes e o fin da guerra mundial.<ref name="pethybridgeX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. X</ref> Os liberais entorpeceron en gran medida a súa consecución ao defender a continuación dos combates ata a vitoria, manter oos obxectivos de guerra imperialistasimperialista do antigo réxime, opoñerse á reforma agraria ou rexeitar control obreiro da industria. Lograron ademais pospoñer a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]]. A insistencia gobernamental en pospoñer calquera medida fundamental –a reforma agraria, a situación das minorías...– ata a reunión da Asemblea Constituínte, e o continuo atraso da súa convocatoria minaron a súa posición.<ref name="wade277">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 277</ref> Estes atrasos permitiron duras críticas da oposición, causaron o temor da poboación a unha contrarrevolución que terminase por impedir a súa reunión, e favoreceron aos partidarios de que os soviets tomasen o poder como salvagarda da Asemblea.
 
Os socialistas moderados, convencidos da natureza burguesas da revolución que acabara coa autocracia tsarista, rexeitaron tomar o poder.<ref name="uldricks614"/> Temían ademais que unha radicalización da revolución levase á alianza das forzas liberais e as reaccionarias que conducise á contrarrevolución, como entendían que sucedera na [[Revolución Rusa de 1905|revolución de 1905]].<ref name="uldricks615">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 615</ref> A moderación da súa posición privounos paulatinamente do apoio das masas, cada vez máis radicais<ref name="uldricks615"/> ante o deterioro da situación económica causado pola guerra e a propia revolución.<ref name="uldricks616">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 616</ref> Opostos unha e outra vez á toma do poder a pesar das crecentes peticións das masas, membros menores da coalición e incapaces de aplicar as reformas exixidas por campesiños, soldados e obreiros, os socialistas moderados acabaron por perder o respaldo inicial e facilitar o auxe dos [[bolxevique]]s, única oposición disposta a defender os obxectivos da poboación.<ref name="uldricks618"/> A esquerda radical viuse favorecida por unha crecente crise económica que xerou descontento e agudizou os problemas políticos e sociais.<ref name="wade186">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 186</ref>