Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 190:
[[Ficheiro:Batallón-muerte-rusia--insiderussianrev00dorrrich.png|O batallón da morte formado por mulleres e último defensor do goberno provisional, xunto á sufraxista británica [[Emmeline Pankhurst]].|miniatura|200px|dereita]]
 
Para o outono, o respaldo aos [[bolxevique]]s, que se presentaban como a oposición por antonomasia tanto ao Goberno como á dirección do [[Soviet de Petrogrado]] ''defensista'', crecera notablemente, superando aos seus rivais socialistas [[menxevique]]s e incluso aos [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]] en moitas localidades.<ref name="wade206">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 206</ref> A incapacidade do Goberno e do Soviet de Petrogrado para acabar coa guerra, co problema da terra, doscos nacionalismos ou coa crise económica que se agudizaba, reforzou a posición bolxevique e a da esquerda radical en xeneral.<ref name="wade206"/> Ante o crecente desprestixio da coalición social-liberal entre obreiros e traballadores, os bolxeviques pareceron cada vez máis a alternativa decidida a resolver rápidamente os problemas do país.<ref name="wade206"/> A falta de solucións para os problemas políticos, sociais e económicos levou a un clamor a favor dun cambio radical de Goberno nun ambiente de crise continua e crecente.<ref name="wade216">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 216</ref> A imposibilidade de atallar a crise económica, sen acabar antes coa guerra, fixo que o desexo de paz se convertese en abrumador.<ref name="wade216"/> A ameaza alemá a Petrogrado, que acentuouse no outono, levou tamén ao Goberno a anunciar planesplas para enviar parte da guarnición da capital á fronte para defender a cidade e para evacuar ásas principais industrias. Ambas medidas favoreceron aos radicais e partidarios de transferir o poder aos soviets, e tachouse ao Goberno de planear unha contrarrevolución.<ref name="wade216"/> A crise económica, caracterizada por un aumento da inflación —os prezos case se cuadriplicaron entre xullo e outubro— e un alarmante desabastecemento na capital, tamén favoreceron o radicalismo político.<ref name="wade217">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 217</ref> A finais de outubro, Petrogrado contaba con alimento unicamente para uns poucos días e o abastecemento era insuficiente. Os máis pobres volveron a enfrontarse aoá fame.<ref name="wade217"/> A inflación acabou coas melloras salariais dos obreiros industriais, a produción caeu, e para final de ano se estimaba que a metade das fábricas da cidade terían que pechar por falta de combustible e materias primas.<ref name="wade218">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 218</ref> O sentimento de crise nacional veuseviuse reforzado ademais polo gran aumento dos delitos e desordes públicos, moi aireados pola prensa; a percepción popular era a dun Goberno desbordado pola situación, e un corpo policial —a milicia— insuficiente.<ref name="wade220">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 220</ref> Os centos de miles de desertores que vagaban polo país no outono favoreceron os desordes e a impresión de crise social e política.<ref name="wade220"/> O afundimento da bolsa tralo errado [[golpe de Kornilov]] empobreceu a parte das clases medias e desatou o caos financeiro. O Goberno tiña cada vez máis dificultades para recadar impostos.<ref name="wade220"/> A axitación no campo e nas cidades creceu, así como as exixencias dos nacionalistas.<ref name="wade221">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 221</ref> Esta situación de crise fomentou os debates sobre a necesidade de que o Goberno actuase, e da posibilidade de que este fose substituído por outro.<ref name="wade221"/>
 
O Goberno foi derrocado con extrema facilidade polos [[bolxevique]]s, que instauraron o seu propio «Goberno provisional», o [[Sovnarkom]], o {{xulgregdata|7|11|1917|corto=true}} na coñecida como [[Revolución de Outubro]].<ref name="gill241">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 241</ref> A pesar de que o plan bolxevique para tomar o poder era coñecido desde varías semanas atrás, o Goberno, moi debilitado,<ref name="uldricks622"/> foi incapaz de impedilo.<ref name="gill241"/> Contaba para entón con escasas simpatías na capital e no campo, e con aínda máis escasos defensores.<ref name="gill241"/> [[Trotski]], o principal organizador da toma do poder polos bolxeviques, aproveitou o apoio das masas ao [[Soviet de Petrogrado]] para presentala como o traspaso de poder do Goberno Provisional aos [[soviet]]s, non aos bolxeviques.<ref name="uldricks621">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 621</ref> Consciente da importancia de ter o respaldo militar, asegurouse de controlar o [[Comité Militar Revolucionario]] da capital ao que, a súa vez, obedecía a guarnición de Petrogrado.<ref name="uldricks621"/> O {{xulgregdata|5|11|1917|corto=true}} a gran maioría das unidades militares da capital expresaron o seu sometemento ao [[Comité Militar Revolucionario]], e os infrutuosos [[Levantamento Kerenskii-Krasnov|intentos de Kerenskii]] por desbaratar o golpe ao día seguinte serviron simplemente para que Trotski presentase o golpe como unha medida defensiva dos soviets, que tivo lugar con escasos enfrontamentos.<ref name="uldricks622">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 622</ref>
 
== Valoración ==