Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

 
=== O directorio e o quinto gabinete ===
Kerenskii creou un directorio de cinco membros<ref name="wade214">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 214</ref> o {{xulgregdata|14|9|1917|corto=true}}, ao tempo que proclamaba a república.<ref name="basil156">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 156</ref> Carente de figuras políticas de relevancia, no fondo supuxo a creación dun Goberno persoal do Primeiro Ministro, que quedou teoricamente reforzado polo nomeamento de Kerenskii como comandante en xefe do Exército; a autoridade civil e militar do país quedou nas súas mans.<ref name="wade214"/> Consciente da súa debilidade<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref> política,<ref name="wade119"/> buscou recuperar o apoio dos ''[[kadete]]s'' a pesar da hostilidade<ref name="wade214"/> cara estes de gran parte dos dirixentes socialistas tralo [[golpe de Kornilov|intento de Golpe de Estado]] do xeral [[Lavr Kornilov]].<ref name="basil156"/> Este aumentou o respaldo aos bolxeviques,<ref name="mosse417">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 417</ref> que acusaron aos socialistas moderados que controlaran ata entón o [[Soviet de Petrogrado]] de convenza co Goberno e os militares no golpe.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> A debilidade dos socialistas moderados plasmouse na perda<ref name="mosse417"/> da presidencia do Soviet da capital o {{xulgregdata|22|9|1917|corto=true}}, que [[Trotski]] pasou a presidir dezaseis días máis tarde. Os moderados tiveron que continuar coas súas actividades a través do [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]], elixido no Primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas as Rusias]] en xuño e que aínda controlaban.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> Incluso entre os socialistas moderados creceu o rechazo a continuar cos gabinetes de coalición cos liberais.<ref name="wade121">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 121</ref><ref name="wade214"/> Con gran esforzo, porén, Tsereteli e os seus partidarios lograron manter o apoio socialista á coalición na [[Preparlamento|Conferencia Democrática]] a comezos de outubro: as confusas votacións aprobaron a continuación da coalición, pero rexeitaron que esta incluíse ao último partido liberal significativo –o [[Partido Democrático Constitucional]]– e deron paso ao encargo de Tsereteli de aclarar a situación con Kerenskii.<ref name="wade121"/><ref name="wade214"/>
 
Un nonovo Consello de Ministros de coalición –con dous ministros socialistas– acabou formándose o {{xulgregdata|8|10|1917|corto=true}}.<ref name="basil156"/><ref name="wade121"/><ref name="wade214"/> A pesar das votacións contrarias dos socialistas durante a conferencia democrática,<ref name="wade121"/> Tsereteli logrou a aprobación final da nova coalición, incluso despois de non lograr manter a súa promesa aos delegados socialistas de que o novo Goberno respondería ante o [[Preparlamento]] formado pola conferenciaConferencia.<ref name="basil156"/> Este último Goberno foi débil,<ref name="wade121"/><ref name="wade214"/> pouco máis que unha camarilla de Kerenskii, carente de verdadeiro apoio de socialistas e liberais,<ref name="basil156"/><ref name="wade214"/> que sumíronse pronto en disputas no Preparlamento.<ref name="basil157">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 157</ref> Os ministros eran figuras de segunda fila da política nacional e, a pesar do reforzamento das correntes esquerdistas no país tralo golpe frustrado, máis conservadores que os sus predecesores.<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref>
 
== A revolución bolxevique e a fin do goberno provisional ==
30.185

edicións