Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 169:
=== Cuarto gabinete, terceira coalición, o regreso dos kadetes e o golpe de Kornilov ===
[[Ficheiro:19170704 Riot on Nevsky prosp Petrograd 2.jpg|Escena da [[Xornadas de Xullo|revolta de comezos de xullo]] de 1917, que debilitou temporalmente o ascenso [[bolxevique]].|thumb|200px|right]]
O {{xulgregdata|15|7|1917}} dimitiu o segundo gabinete, e Kerenskii non logrou formar un novo ata o {{xulgregdata|23|7|1917|curto=true}}.<ref name="rabinowitch55"/> As longas<ref name="wade196993"/> e complicadas<ref name="wade194"/> negociacións cos ''kadetes'' para que regresasen ao Goberno concluíron coa súa volta ao Consello de Ministros, xa presidido por [[Aleksandr Kerenskii]], que recibiu amplos poderes ademais de conservar o Ministerio de Defensa.<ref name="basil119">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 119</ref> Por exixencia dos ''kadetes'', os ministros quedaban libres de responder ante os seus partidos ou ante o soviet, que comprometíase a non interferir na labor do Goberno.<ref name="basil119"/> Kerenskii forzara o novo acordo entre os socialistas e os liberais ameazando con dimitir;<ref name="wade94">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 94</ref><ref name="wade194"/> tralo pacto do {{xulgregdata|4|8|1917|curto=true}} o gabinete tomou posesión dous días máis tarde,<ref name="wade196993"/> con catro ministros ''kadetes'',<ref name="wade94"/> outros tres liberais e varios ministros socialistas.<ref name="basil119"/> Tsereteli abandonou o Goberno,<ref name="wade94"/> pero permanecieron Skóbelev e Chernov,<ref name="wade94"/> este a pesar do rexeito dos ''kadetes''.<ref name="basil119"/> [[Kerenskii]] logrou que os ''kadetes'' regresasen ao Goberno e que aceptasen a Chernov,<ref name="wade195">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 195</ref> ao que non tiña simpatía pero consideraba necesario.<ref name="gill257">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 257</ref> O novo Goberno, débil, quedou controlado polo triunvirato formado por Kerenskii, Teréshchenko e Nekrásov.<ref name="wade94"/> Os ''kadetes'' impuxeron na práctica a Kerenskii un veto que impedía a promulgación de novas reformas sociais e políticas ata a resolución destas cuestións pola [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]], cuxa reunión, pola súa banda, trataron de atrasar.<ref name="kochan189">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 189</ref> Poucas semanas despuésdespois, para satisfacción de Miliukov, o Goberno pospuxo a elección da Asemblea.<ref name="kochan189"/> A preocupación ''kadete'' pola Asemblea debíase tanto ao seu desexo de que as eleccións se celebrasen democraticamente e de acordo a dereito, como ao seu temor de que o resultado lles privase do gran poder do que desfrutaban no Goberno Provisional.<ref name="kochan190">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 190</ref>
 
Días antes, o {{xulgregdata|1|8|1917|curto=true}}, Keresnkii nomeara ao xeral [[Lavr Kornílov]], Comandante en Xefe do Exército ruso; este exixira autonomía para restaurar a disciplina nas Forzas Armadas que seis días máis tarde perderían [[Riga]],<ref name="basil142">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 142</ref> tomada por unidades alemás.<ref name="basil143">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 143</ref><ref name="kochan190">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 190</ref>
Liña 175:
[[Ficheiro:General Kornilov and his staff.png|[[Lavr Kornílov]], Comandante en Xefe do Exército ruso e líder do fracasado [[golpe de Kornílov|golpe de Estado]] contrarrevolucionario en setembro de 1917.|miniatura|200px|esquerda]]
 
O terceiro gabinete caracterizouse pola abundancia dos relevos entre os ministros que acentuou o caos administrativo.<ref name="rabinowitch55"/> Tralo aparente esmagamento do poder dos bolxeviques a mediados de xullo, a finais do mes e en agosto comezouse unha nova radicalización da poboación ante o agravamento da crise.<ref name="rabinowitch94">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 94</ref> A situación alimenticia a mediados de agosto na capital volveuse desesperada,<ref name="rabinowitch94"/> o [[1 de setembro]] os alemáns ocuparon [[Riga]], a anarquía estendíase xunto coas ocupacións de fincas polos campesiños, mentres que os movementos autonomistas non encontraban freo no Goberno, e os soldados da fronte adoptaban posturas cada vez máis radicais a favor das reformas.<ref name="rabinowitch94"/>
 
Consciente do descontento popular, Kerenskii non logrou, porén, acordar entre os seus ministros un programa de reformas que enderezase en parte a situación e non se decidiu a aplicar unha represión radical;<ref name="rabinowitch95">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 95</ref> o Goberno quedou paralizado.<ref name="rabinowitch95"/><ref name="wade195"/> Ante esta situación, influentesinfluíntes elementos liberais e conservadores comenzaron a formularse a posibilidade de apoiar un intento de implantar un Goberno militar que restaurase a ordenorde na fronte e frease o caos crecente.<ref name="rabinowitch95"/><ref name="wade195"/> A maioría do [[Partido Democrático Constitucional]], encabezado por Miliukov, adoptou esta postura, mentres unha minoría mantiña o seu respaldo á coalición cos socialistas.<ref name="rabinowitch95"/>
 
As organizacións partidarias dun Goberno militar sopesaron varios candidatos para o posto de ditador, decantándose finalmente polo xeralxeneral [[Lavr Kornílov]], Comandante en Xefe do Exército, valente pero pouco intelixente, de ideas políticas conservadoras e algo primitivas.<ref name="rabinowitch97">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 97</ref> Tralo [[golpe de Kornílov|fracaso da intentounaintentona militar]] a comezos de setembro, o poder real do Goberno desapareceu.<ref name="basil148">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 148</ref> Esfumouse definitivamente o espírito de cooperación entre socialistas moderados e liberais nos que se baseaba a súa autoridade.<ref name="basil148"/> Importantes socialistas que defenderan anteriormente a cooperación cos ''kadetes'' comenzaron a criticar a continuación da colaboración, como o ex-ministro socialrevolucionario [[Víctor Chernov]]; entre os menxeviques creceu o apoio á corrente internacionalista oposta aos pactos cos liberais.<ref name="basil149">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 149</ref>
 
=== O directorio e o quinto gabinete ===