Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

Os cambios no Goberno non afectaron ao seu carácter:<ref name="rabinowitchxxviii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVIII</ref> os liberais tiñan como obxectivo entorpecer as reformas ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]], reforzar o poder gobernamental e manter o esforzo <ref name="basil71"/> bélico;<ref name="rabinowitch30"/> mentres que os socialistas preocupábanse de satisfacer as ansias populares por reformas inmediatas e tratar de lograr unha paz<ref name="basil71">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 71</ref> sen indemnizacións de guerra nin anexións<ref name="basil73">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 73</ref> o máis rápidamente posible.<ref name="rabinowitchxxviii"/> As tensións no Goberno agudizáronse;<ref name="rabinowitchxxviii"/> ás diferenzas políticas entre socialistas e liberais uniuse a incapacidade de manter a coalición entre estes e cumprir á vez as ansias da poboación.<ref name="wade287"/><ref name="wade86"/> Incluso numericamente os ministros socialistas (seis) estaban en minoría<ref name="ferro301"/> respecto aos burgueses (nove<ref name="wade49"/>), ademais de non ser un grupo unido<ref name="ferro301"/> dentro do gabinete.<ref name="radkey176"/> A inclusión dos socialistas moderados neste fíxolles perder popularidade e a súa imaxe quedou asociada aos fracasos do Goberno, o que favoreceu aos bolxeviques, única forza relevante de oposición.<ref name="rabinowitchxxviii"/> O relevo de Miliukov tampouco cambiou a política exterior nin a actitude fronte á guerra do Goberno, <ref name="basil71"/> que quedou en mans de Teréshchenko, quen continuou a liña do seu antecesor, pero con máis discreción.<ref name="radkey180">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 180</ref> O novo gabinete prometeu loitar contra a desorganización da economía, mellorar as condicións de traballo, aumentar os impostos sobre os beneficios excesivos, aumentar o autogoberno e convocar canto antes a Asemblea Constituínte, pero a cuestión da propiedade da terra quedaba posposta ata a reunión da Asemblea.<ref name="basil71"/> O seu principal obxectivo, porén, era o reforzamento do Exército; a finais de maio, Kerenskii comezou os seus esforzos para mellorar a súa moral e favorecer a próxima ofensiva, que todas as forzas políticas apoiaron a excepción da extrema esquerda.<ref name="wade89"/> Para a dereita, o fortalecemento das forzas armadas podería servir incluso para debilitar aos seus rivais de esquerda.<ref name="wade89"/> Para os socialistas moderados, a ofensiva era necesaria para demostrar a forza do país e reforzar así a súa posición a favor da paz ante os demais países enfrontados na guerra.<ref name="wade91">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 91</ref> A pesar deste amplo apoio político, a poboación mantiña un intenso rexeitamento á guerra, que desembocou nas [[Xornadas de Xullo]].
 
O {{xulgregdata|16|6|1917|corto=true}}, comezou o [[Congreso dos Soviets de Todas As Rusias|Primeiro Congreso Nacional dos Soviets]], dominado pola fracción ''defensista'' revolucionaria encabezada por Tsereteli.<ref name="wade68">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 68</ref> a posibilidade, aínda aparentemente viable, de que se lograse a paz a través do plan da dirección do consello dunha conferencia socialista seguida dunha negociación dos contendentes, outorgoulle o respaldo maioritario dos delegados, que aprobaron o seu programa.<ref name="wade68"/> Os dirixentes do [[Soviet de Petrogrado|Soviet da capital]] puxeron en marcha dúas medidas para favorecer os seus plans de paz: tratar de obter o apoio da poboación nas nacións belixerantes á súa conferencia de paz mediante o envío dunha delegación socialista aos países Aliados, e apoiar a inminente ofensiva militar que debía servir, na súa opinión, para reforzar a importancia de Rusia ante os Aliados e demostrar que seguía sendo unha gran potencia.<ref name="wade70">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 70</ref> Esta última medida levou á perda do respaldo da poboación, que opoñíase á continuación da guerra incluso se se xustificaba como un paso necesario para acadar a paz.<ref name="wade73">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 73</ref> A [[Ofensiva Kerenskii|ofensiva militar]] foi moi impopular e resultou unha catástrofe militar e política.<ref name="wade170">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 170</ref> O optimismo da primavera deu paso a un verán de desilusión pola incapacidade do Goberno de resolver os graves problemas do país, e repleto de crises políticas constantes e empeoramento da situación económica.<ref name="wade170"/>
 
Na véspera do [[Xornadas de Xullo|fracasado alzamento contra o Goberno]] a mediados de xullo, este achábase gravemente debilitado pola retirada dos ministros ''[[kadete]]s'' o {{xulgregdata|15|7|1917|curto=true}},<ref name="wade91"/> que deixou ao gabinete unicamente con cinco ministros burgueses e seis socialistas.<ref name="rabinowitch144">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 144</ref> Unicamente o rexeitamento da maioría no [[Soviet de Petrogrado]] a tomar o poder como exixían os manifestantes armados, a fidelidade ao Soviet das tropas da fronte, que tiveron que ser despachadas finalmente á capital, e o efecto sobre as unidades indecisas de Petrogrado da acusación do Goberno contra [[Lenin]] como axente [[Imperio alemán|alemán]] fixeron fracasar o golpe.<ref name="rabinowitch173">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 173</ref><ref name="rabinowitch199">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 199</ref><ref name="wade196992">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 92</ref> O esmagamento das protestas o {{xulgregdata|18|7|1917|curto=true}} non acabou, porén, coa crise gobernamental: ao día seguinte, os Imperios desencadeaban unha contraofensiva que varreu ás unidades rusas, e dous días más tarde dimitía o Primeiro Ministro Lvov.<ref name="wade196992"/> O fracaso da ofensiva militar desbaratou os plans de paz dos ''defensistas'' do Soviet de Petrogrado e do Goberno.<ref name="wade196992"/>
 
=== Kerenskii primeiro ministro, gabinete provisional e segunda coalición ===
30.147

edicións