Vitoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
== Evolución urbana ==
As edificacións da cidade foron recibindo os diferentes estilos arquitectónicos: [[arquitectura gótica|gótico]], [[renacemento]], [[barroco]], [[neoclasicismo]] e [[romanticismo]]. A [[Planificación urbanística|planificación]] foi unha constante no seu devir histórico, desde o seu primeiro [[ensanche]] medieval a comezos do século XIII, ata os seus modernos barrios e parques periféricos. o seu casco vello mantén íntegro o trazado gótico e as súas rúas elípticas e estreitas, con empinados cantóns e antigos e recobrados pazos.
 
Vitoria foi refundada polo rei navarro [[Sancho VI de Navarra|Sancho VI]] a partir da cidade fundada no 581 por [[Leovixildo]] para celebrar a vitoria [[visigodo|visigoda]] sobre os vascóns. Pasou a depender de [[Castela]] en 1200, converténdose nunha das prazas comerciais máis importantes do País Vasco durante séculos. O trazado da améndoa urbana foi deseñado entre os séculos XII e XIV. Os nomes das rúas conservan os das actividades [[gremio|gremiais]] daquela época: Coitelaría, Zapatería, Ferrería, Pintorería... O [[renacemento]] tamén deixou pegada na cidade en forma de elegantes pazos construídos por familias nobiliarias.