La Font de la Guatlla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''La Font de la Guatlla''' é un barrio do distrito de [[Sants-Montjuïc]] da cidade de [[Barcelona]]. É un sector pequeno que se atopa na montaña de [[Montjuïc, Barcelona|Montjuïc]], na vertente noroeste, e entre a [[Gran Via de les Corts Catalanes]], no tramo entre a [[Plaça d'Espanya|praza de Espanya]] e a praza de Cerdà.
 
O conxunto arquitectónico máis singular do barrio é o pequeno grupo de casas baixas con xardín, na parte máis próxima á montaña, que contrastan cos edificios altos do sector máis próximo á Gran Vía. Moitas das súas rúas teñen nome de flor (Dàlia, Lotus, Hortènsia, Begònia, Crisantem), en referencia á súa vocación inicial como [[cidade xardín]].
 
Outro espazo significativo do barrio é a fábrica Casarramona, ocupada durante moitos anos por cuarteis da policía nacional, e onde actualmente instálase a Fundación [[CaixaForum Barcelona|CaixaForum]]. O edificio é representativo da arquitectura industrial obra de ladrillo visto. Foi deseñado polo arquitecto [[Josep Puig i Cadafalch]], que tamén tamén é autor do restaurante da [[Font del Gat]] e doutras obras de urbanización no parque da montaña.