Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

 
=== O abastecemento das cidades e da fronte ===
O problema do transporte, incapaz de abastecer<ref name="pethybridge83">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 83</ref> á vez á fronte e de satisfacer as necesidades dos civís das cidades,<ref name="pethybridge388"/> agravouse<ref name="pethybridge14">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 14</ref> trala caída da autocracia, en parte polas accións dos propios ferroviarios.<ref name="pethybridge379">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 379</ref> Fronte aos 4272 km de liñas construídos o ano anterior, en 1917 só se instalaron 995, o número de vagóns dispoñibles afundiuse de 463.419 a 174.346, e tamén o fixo o número de locomotoras. O transporte por ferrocarril era caótico.<ref name="pethybridge11">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 11</ref> O importante transporte fluvial, xestionado por empresas privadas,<ref name="pethybridge83"/> era tamén moi deficiente e apenas controlado parcialmente polo Estado desde 1916.<ref name="pethybridge379"/><ref name="pethybridge84">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 84</ref> As condicións dos traballadores deste transporte eran tan malas que creceu o número dos que cambiaban de traballo. O número de barcos dispoñibles tamén decreceu coa guerra e moitos estaban en malas condicións.<ref name="pethybridge84"/> O sistema de estradas era tan anticuado,<ref name="pethybridge84"/> e a falta de animais de tiro tan grande debido ás requisicións do Exército (dous millóns de cabalos<ref name="pethybridge84"/>) que non tiña un papel relevante nos transportes rusos.<ref name="pethybridge380">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 380</ref> A falta destes animais complicaba moito o traslado das colleitas ata as estacións de ferrocarril e reducía as zonas que aprovisionaban ao resto do país.<ref name="pethybridge84"/> A crise do transporte levou ao desabastecemento, a inflación<ref name="pethybridge28">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 28</ref> e paro por falta de materias primas nas cidades, o desperdicio no campo, a especulación no comercio,<ref name="pethybridge28"/> o deterioro das comunicacións, e problemas no subministro da fronte. Todo isto facilitou a radicalización da revolución.<ref name="pethybridge14">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 14</ref> A capital, con gran poboación e dependente do abastecemento exterior, sufriu pronto a inflación e a escaseza de alimentos, ao igual que [[Moscova]].<ref name="pethybridge87"/> Os ferroviarios, a pesar de estar mal pagados, tardaron, porén, en mostrar activamente o seu descontento mediante folgas ata comezos do verán.<ref name="pethybridge30">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 30</ref> O Goberno tratou de atrasar a satisfacción das exixencias destes ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] e tratou en balde de calmar os ánimos con subidas de algúns soldos, en parte por non contar cos fondos para máis.<ref name="pethybridge31">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 31</ref>
 
A comezos do período interrevolucionario, ao problema do transporte engadíase a imposibilidade de satisfacer á vez as necesidades do Exército e da poboación civil: calcúlase que o país contaba con gran unicamente para o 50% das necesidades do primeiro e apenas o 41% das da segunda.<ref name="pethybridge87">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 87</ref> Os campesiños preferían vender os seus produtos ao Exército, en parte polo carácter campesiño da maioría dos seus recrutas.<ref name="pethybridge87"/> Xa na primavera, as principais zonas produtoras de alimentos comezaran a gardar os seus excedentes e a non distribuír nas cidades e noutras rexións menos favorecidas.<ref name="pethybridge382">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 382</ref><ref name="pethybridge87"/> As cidades mostráronse ademais incapaces de abastecer de produtos manufacturados ao campesiñado e á propia poboación urbana debido ao gran consumo do Exército, as malas comunicacións e o aumento da demanda.<ref name="pethybridge384">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 384</ref> As fábricas sufrían ademais de falta de combustible para operar.<ref name="pethybridge384"/> A hostilidade política entre traballadores e patróns afectaba tamén á produción.<ref name="pethybridge385">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 385</ref> O enorme aumento do prezo dos produtos manufacturados e a imposición gobernamental pouco despois da revolución dun prezo fixo polo gran acrecentaron o desabastecemento das cidades ao desincentivar a venda deste polos campesiños.<ref name="pethybridge90"/> Os escasos esforzos do Goberno por impoñer prezos fixos tamén aos produtos manufacturados<ref name="pethybridge90"/> de primeira necesidade foron inútiles.<ref name="pethybridge385"/> Os campesiños, convencidos da próxima desaparición dos impostos e incapaces de comprar os produtos industriais que desexaban coa venda do seu gran a un prezo excesivamente baixo, non vían razón para facelo.<ref name="pethybridge386">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 386</ref>
 
O Exército, que crecera en millóns en 1916, tampouco recibía a cantidade de alimentos necesarios para manter ás tropas, e a recomendación de reducir o número de efectivos para non ter que reducir as racións non foi aceptada polas autoridades.<ref name="pethybridge387">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 387</ref> O desabastecemento das tropas fomentaba o descontento<ref name="wade2000133">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 133</ref> e a insubordinación.<ref name="pethybridge388">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 388</ref> Os pertreitos tamén escaseaban, en parte pola crise política que reduciu a produción de armamento, moi concentrada na capital.<ref name="pethybridge389">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 389</ref> A falta de recursos foi crucial na decadencia do Exército e no aumento das desercións, que contribuíron a desbaratar aínda máis o sistema de transporte.<ref name="pethybridge391">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 391</ref> O aumento do derrotismo, das desercións e a falta de control gobernamental do Exército tiveron importantes consecuencias: os soldados que abandonaban a fronte, na súa maioría campesiños, levaron con eles a propaganda bolxevique, que estendeuse polas provincias e avivou o desexo dunha entrega inmediata das terras; a falta dun instrumento de coerción impediu ao Goberno enfrontarse ao caos crecente.<ref name="pethybridge97">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 97</ref> Desaparecida a antiguaantiga policía tsarista, as nuevasnovas milicias non estaban baixo o control do Goberno de Petrogrado e, a miúdo, nin sequera dos Gobernos locais.<ref name="wade56">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 56</ref>
 
O Goberno Provisional tratou de solucionar o problema do desabastecemento mediante tres medidas principais:<ref name="pethybridge391"/><ref name="pethybridge97"/>
* O establecemento do monopolio do gran<ref name="pethybridge90">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 90</ref><ref name="ferro377"/> ({{xulgregdata|4|4|1917|curto=true}}) para tratar de acabar coa especulación<ref name="pethybridge28"/> e o aumento dos prezos.<ref name="pethybridge98">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 98</ref> Este indispuxo aos comerciantes privados de gran e aos campesiños.<ref name="pethybridge392">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 392</ref><ref name="pethybridge98"/> Os primeiros declararon que o Estado sería incapaz de substituílos,<ref name="pethybridge98"/> e os segundos o vían como un roubo legalizado das súas colleitas e preferiron retelas,<ref name="pethybridge98"/> vendelas a estraperlistas ou convertelas en licor.<ref name="pethybridge392"/> Tras intentar en vano convencer aos campesiños para que vendesen o seu gran ao prezo oficial, o {{xulgregdata|9|9|1917|curto=true}} o Goberno decidiu duplicar o prezo ofrecido, sen resultados.<ref name="pethybridge392"/> A organización do sistema monopolístico foi ademais deficiente, lenta e incapaz de coaccionar ao campesiñado.<ref name="pethybridge393">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 393</ref>
* A imposición de cartillas de racionamento.
* A creación de comités de recursos para encargarse da colección das colleitas. A miúdo impotentes para impoñer a súa autoridade ou formados por intereses opostos que complicaban o seu funcionamento.<ref name="pethybridge395">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 395</ref>
Incluso o moderado sindicato ferroviario, ''Vikzhel'', acabou por apoiar unha folga no outono para lograr o aumento dos salarios dos traballadores que paralizou importantes liñas a comezos de outubro ({{xulgregdata|7|10|1917|curto=true}}), aínda que non as da fronte; en total, 39 das 51 liñas de longa distancia seguiron a folga.<ref name="pethybridge41">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 41</ref> O Goberno cedeu parcialmente ás exixencias e dous días máis tarde o sindicato acabou coa folga; a calma que seguiu, porén, era máis aparente que real.<ref name="pethybridge46">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 46</ref>
 
Pouco antes da [[Revolución de Outubro]], a competencia entre o Exército e a poboación civil polos alimentos era pública, e en varios lugares os mandos tiveron que ceder parte das escasas vituallas á poboación para evitar revoltas e ataques aos almacéns militares.<ref name="pethybridge94">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 94</ref>
 
A incapacidade do Goberno para acabar co problema da falta de recursos afundiu a Kerenskii, conduciu ao enfrontamento entre o campo e as cidades, que acusábanse mutuamente de ser os culpables do mesmo, e fomentou a especulación.<ref name="pethybridge107"/>
30.150

edicións