Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 97:
Socialistas e liberais coincidían en opoñerse<ref name="wade147"/><ref name="ferro381">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 381</ref> a reformar o Imperio de acordo a divisións culturais e relixiosas, a pesar do seu desexo de reforzar os Gobernos locais.<ref name="basil97"/> Trataron de impedir a secesión das diversas minorías culturais do país e pospoñer as medidas sobre posibles autonomías ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]],<ref name="wade147"/><ref name="ferro387">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 387</ref> que confiaban apoiaría a centralización do país.<ref name="basil97"/> Tanto o [[Soviet de Petrogrado]] como o Goberno Provisional opuxéronse ás exixencias políticas das minorías non rusas do Imperio.<ref name="basil98">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 98</ref><ref name="wade147"/> Rexeitouse tamén a reforma das unidades militares para crear novas formacións de acordo á nacionalidade.<ref name="ferro389">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 389</ref> O Goberno confiaba ademais que as novas liberdades políticas acabasen coas tensións nacionalistas e consideraban este problema como secundario.<ref name="wade148">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 148</ref> Os bolxeviques e o resto da esquerda radical mostráronse máis favorables ás exixencias nacionalistas, pero dunha maneira vaga.<ref name="ferro385">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 385</ref>
 
As Cortes finlandesas encontráronse coa desaprobación de socialistas moderados e liberais ao proclamar a autonomía, e estes trataron de atrasar as negociacións cos nacionalistas ucraínos ata que finalizase a guerra.<ref name="basil98"/> A proclamación dunha ampla autonomía pola [[Rada Central Ucraína]] o {{xulgregdata|23|6|1917}} foi rexeitada polo Goberno Provisional,<ref name="ferro391">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 391</ref> que rogou á Rada que pospuxese calquera medida ata a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="basil98"/> A negativa daada Rada e as posteriores negociacións entre as dúas partes precipitaron a crise de Goberno que en xullo acabou co primeiro goberno de coalición pola dimisión en bloque dos ministros ''[[kadete]]s'', opostos ás concesións aos [[Ucraína|ucraínos]].<ref name="basil99">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 99</ref><ref name="ferro391"/> Só o último gabinete de coalición do outono prestou certa atención aos nacionalismos e realizou algunhas concesións tardías que non satisfixeron aos nacionalistas das minorías e que en última instancia quedaban condicionadas asás decisións da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="wade148"/>
 
=== As exixencias dos obreiros ===