Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

Na fronte, as malas condicións das tropas pola falta de recursos fixo crecer as desercións; na súa maioría "campesiños uniformados". Moitos dos desertores regresaron ás súas aldeas levando con eles o radicalismo que xa crecía nas cidades e que se estendeu deste xeito polas provincias do [[Imperio Ruso|Imperio]].<ref name="pethybridge391"/> Ademais dos axitadores bolxeviques que o partido enviaba ás provincias, os soldados de permiso ou que desertaran actuaban tamén como propagandistas das posicións extremistas en asuntos políticos e sociais, a miúdo con gran efecto nas poboacións do agro ruso.<ref name="pethybridge166">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 166</ref> As desercións eran numerosas xa incluso na primavera: na fronte suroeste calculábanse uns dous mil soldados desertores nos ferrocarrís aos día a mediados de abril.<ref name="pethybridge174">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 174</ref> A chegada dos desertores ás guarnicións da retagarda afectou á moral destas, ademais de influír no campo. No outono, contábanse arredor dos dous millóns deles por todo o país.<ref name="pethybridge174"/>
 
==== Os planesplans de paz ====
[[Ficheiro:KornilovAlbertThomasKérenskiPrimeroDeMayo1917.png|[[Lavr Kornilov|Kornilov]], o socialista francés [[Albert Thomas]] e [[Kerenskii]] nas celebracións do [[Primeiro de maio]]. Os socialistas Aliados de visita en Rusia opuxéronse aos plans de paz do soviet, que fracasou.|miniatura|dereita]]
A paz era o principal problema do país, a súa ausencia impedía atender outros ou satisfacer as aspiracións da poboación.<ref name="wade287">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 287</ref> Dado o desexo de paz da poboación, pero a súa oposición inicial a unha rendición incondicional ou a unha paz separada cos [[Imperios centrais]], ao comezo do período revolucionario a actitude con maior respaldo resultou ser a dos ''defensistas'' revolucionarios, que avogaban por unha paz sen anexións e a defensa de Rusia mentres se alcanzaba.<ref name="wade37"/> Esta actitude, representada principalmente polo menxevique [[Irakli Tsereteli]], foi rápidamente adoptada pola maioría do [[Soviet de Petrogrado]] e permitiu aos seus seguidores dominar o órgano.<ref name="wade38">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 38</ref> Unha vez controlado o Soviet, os ''defensistas'' propuxéronse impoñer ao Goberno o seu plan de paz, o que levou á primeira crise de Goberno pola oposición de Miliukov a aceptar os obxectivos dos ''defensistas'' revolucionarios e a súa defensa da continuación dos combates ata a vitoria.<ref name="wade38"/> Miliukov defendía o mantemento dos obxectivos bélicos do antigo réxime [[tsar]]ista.<ref name="mosse105"/> Os ministros de Defensa, primeiro Guchkov e máis tarde [[Aleksandr Kerenskii]], apoiaron a continuación da participación rusa na [[Primeira Guerra Mundial|contenda]].<ref name="mosse105"/>
 
Os dirixentes [[menxevique]]s que controlaban o [[Soviet de Petrogrado|soviet da capital]], propuxeron a firma dunha paz sen anexións nin indemnizacións, para o que levaron a cabo unha actividade paralela<ref name="wade38"/> no Soviet e no Goberno desde o seu ingreso neste en maio.<ref name="basil73"/> O seu plan consistía na reconstitución da [[Internacional socialista]] <ref name="wade39">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 39</ref> e posteriormente na convocatoria dunha conferencia<ref name="wade38"/> socialista en [[Estocolmo]] que debía conducir ao apartamento do poder das burguesías nacionais e a toma do poder dos socialistas, a firma da paz, e o xurdimento dunha nova orde económica e social nas distintas nacións.<ref name="basil73"/> Para isto necesitaban a cooperación dos socialistas dos resto de países belixerantes<ref name="wade40">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 40</ref> e dos seus Gobernos.<ref name="basil73"/> Porén, os socialistas Aliados que acudiron a Rusia trala [[Revolución de Febreiro]], estaban máis interesados en reforzar o esforzo bélico ruso que nas propostas de paz do soviet.<ref name="basil74">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 74</ref> As condicións impostas polos socialistas dos países Aliados negaban na práctica reticente aquiescencia á convocatoria da conferencia socialista<ref name="ferro323">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 323</ref> proposta polos rusos.<ref name="wade60">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 60</ref> O acordo entre o soviet e aqueles resultou imposible,<ref name="wade41">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 41</ref> o que imposibilitou o rexurdimento da Internacional e fixo fracasar o plan de paz.<ref name="basil81"/> Os Gobernos Aliados, pola súa banda, tampouco dese mostraron dispostos a cooperar<ref name="wade172">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 172</ref> e prohibiron a viaxe dos seus cidadáns a [[Estocolmo]] (franceses, italianos e estadounidenses a finais de maio e comezos de xuño, máis tarde os británicos<ref name="wade62"/>).<ref name="basil81">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 81</ref><ref name="wade41"/><ref name="wade62">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 62</ref><ref name="ferro333">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 333</ref> Dada a intención do [[Soviet de Petrogrado]] de continuar a defensa do país ata a consecución da paz desexada,<ref name="basil71"/> o fracaso das súas propostas de paz levou a que a belixerancia de Rusia continuase. O Goberno, enfrontado á hostilidade Aliada aos planesplans de paz, limitouse a calmar á opinión pública rusa e dar sensación de actividade, pero sen avance real algún xa a comezos do verán.<ref name="wade42">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 42</ref> O temor á hexemonía alemá, a sospeita de que Rusia xa non era considerada un aliado útil polos seus aliados da [[Tripla Entente]] e o apego á alianza co [[Reino Unido]] e [[Francia]] fixeron que o Goberno non planificara presentar un ultimato, ameazando con abandonar o conflito no caso de que non se satisfixesen as súas exixencias de paz.<ref name="wade42"/>
 
En parte para reforzar a súa posición negociadora, tanto o Soviet como o GobiernoGoberno fomentaron a preparación dunha [[ofensiva de Kerenskii|ofensiva militar]] durante o verán que, tras efímeros avances, acabou en derrota e acelerou a desintegración do Exército e, con el, a fortaleza da posición negociadora rusa ante os seus aliados.<ref name="wade43">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 43</ref>
 
Tralas crises gobernamentais do verán, a diplomacia rusa, tanto do Goberno como do [[Soviet de Petrogrado]], retomou con nulo éxito os esforzos por lograr a paz, cada vez máis desexada pola poboación segundo se acercaba o inverno.<ref name="wade44">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 44</ref> A falta de resultados desprestixiou aos socialistas moderados, incapaces de adoptar un plan alternativo ou de aceptar unha paz separada con Alemaña.<ref name="wade44"/> O Goberno británico finalmente negouse a estender pasaportes aos seus cidadáns para acudir á conferencia socialista de Estocolmo a mediados de agosto,<ref name="wade110">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 110</ref> e a comenzos de setembro os ''defensistas'' tiveron que admitir que as probabilidades de lograr a paz a curto prazo seguindo o seu plan eran desprezables.<ref name="wade116">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 6116</ref> A vacilación dos socialistas Aliados, a oposición dos seus Gobernos, a falta de apoio entre a poboación destes países e a aparente falta de respaldo do propio Goberno ruso desbarataron os planes dos socialistas moderados, o que reforzou a posición dos [[bolxevique]]s, única forza que parecía prometer unha paz inmediata.<ref name="wade117">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 117</ref> Poucos días antes do derrocamento do Goberno Provisional polos bolxeviques, os Aliados expresaron a súa oposición a aceptar a un delegado do Comité Executivo Central (Skóbelev) na próxima conferencia interaliada que, aclararon, non trataría sobre a paz nin sobre unha posible revisión dos obxectivos dos belixerantes, senón de como revitalizar as operacións militares.<ref name="wade133">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 133</ref> O empeño dos Aliados na vitoria militar e o seu convencemento de que esta era posible, especialmente trala entrada en guerra dos [[Estados Unidos]], impediron que frutificasen os intentos dos ''defensistas'' revolucionarios de lograr unha paz negociada e paralizaron a acción política destes.<ref name="wade145">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 145</ref> A actitude Aliada de alargar as conversaciónsconversas cos rusos frustrou os intentos rusos de lograr unha paz que non fose una vitoria total, pero ao prezo de favorecer aos bolxeviques.<ref name="wade146">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 146</ref> O Goberno Provisional mostrouse lento nas súas accionesaccións a favor da paz e, desde comenzos do veranoverán, cada vez menos interesado en tratar a cuestión cos Aliados, considerando que o momento non era propicio para lograr un acordo con estes.<ref name="wade146"/> A poboación e especialmente os soldados esperaban a firma rápida da paz e o regreso aos seus fogares para comezar a repartición das terras. A falta de resultados fixo que un número crecente abandonase a súa anterior actitude ''defensista'' para pasar a apoiar aos [[bolxevique]]s.<ref name="wade147">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 147</ref> A incapacidade dos sucesivos gabinetes de alcanzar a paz desprestixiou intensamente ao Goberno Provisional.<ref name="mosse105"/>
 
=== Os nacionalismos ===
30.150

edicións