Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
arranxiños
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 74:
=== O Goberno e a guerra mundial ===
==== O Goberno provisional e o control das forzas armadas ====
Desde os primeiros días da [[Revolución de Febreiro]], o Goberno fracasou nos seus intentos de tomar o control das forzas armadas, que quedaron na práctica baixo a influencia dos soviets.<ref name="rabinowitch49">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 49</ref><ref name="mosse415">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 415</ref> A elección de representantes militares para os soviets, a aprobación da [[Orde número 1]], que limitaba a autoridade do gabinete á política do [[Soviet de Petrogrado]], e a proximidade do programa de paz deste aos desexos maioritarios dos soldados, reforzaron a autoridade dos soviets e frustraron o control gobernamental das forzas armadas.<ref name="rabinowitch49"/>
 
Desde que na [[crise de abril (1917)|crise de abril]], as tropas da guarnición da capital —uns 180&nbsp;000 soldados, máis outros 152&nbsp;000 nas localidades próximas<ref name="wade100"/>— seguisen as ordes do [[Soviet de Petrogrado]]<ref name="uldricks617"/> e non as do xeralxeneral [[Lavr Kornilov]], comandante da mesma, o Goberno non tivo máis remedio que tratar coas unidades de Petrogrado a través do soviet.<ref name="rabinowitch49"/> O Goberno non contaba en realidade con tropas realmente fieis: as unidades revolucionarias tendían a seguir as directrices dos grupos de extrema esquerda.<ref name="mosse106">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 106</ref><ref name="ferro335">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 335</ref> Os intentos, ilegais, do propio Goberno de frear a propaganda derrotista dos xornais entre as tropas, resultaron inútiles.<ref name="pethybridge134">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 134</ref> A finais de xullo, o gabinete restaurou a censura militar na prensa a petición do alto mando, e ante a súa ineficacia, tratou de eliminar áa prensa derrotista.<ref name="pethybridge135">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 135</ref> A propaganda derrotista, principalmente bolxevique, era moito máis eficaz que a do Goberno, que rara vez chegaba aos soldados, e era moito máis próxima aos sentimentos destes, os máis afectados pola guerra.<ref name="pethybridge160">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 160</ref> Foi o propio propio Goberno, porén, o que permitiu a discusión política aos soldados que non estivesen de servizo, por presión da esquerda e contra a opinión dos mandos. A posibilidade de debater, a propaganda derrotista, e a crise de avituallamento da fronte fixeron que o extremismo político de esquerda se estendese rápidamenterapidamente entre as tropas.<ref name="pethybridge162">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 162</ref>
 
Como no caso de outros grupos, as exixencias dos soldados –uns sete millóns na fronte e outros dous millóns e medio nas guarnicións de retagarda<ref name="wade100"/>— ao comezo da revolución eran moderadas, centradas principalmente na democratización do Exército e a fin dos privilexios dos oficiais e da humillación das tropas.<ref name="uldricks617">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 617</ref> A incapacidade do groso dos mandos para adaptarse á nova situación, o respaldo do Goberno aos oficiais, e a fundada sospeita de que as chamadas a recuperar a disciplina militar e a preparación dunha ofensiva tiñan ademais unha segunda intención contrarrevolucionaria levou ao descrédito do Goberno entre os soldados.<ref name="uldricks617"/> A guarnición de Petrogrado, oposta desde o comezo á continuación da guerra, foi perdendo a súa inicial confianza e apoio cara os dirixentes socialistas moderados ante a falta de reformas.<ref name="uldricks617"/> O errado [[golpe de Kornilov]] a principios do outono acelerou definitivamente o proceso de oposición das tropas ao Goberno de coalición social-liberal e a exixencia de que o soviet tomase o poder.<ref name="uldricks618">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 618</ref>
 
Na fronte, as malas condicións das tropas pola falta de recursos fixo crecer as desercións; na súa maioría "campesiños uniformados". Moitos dos desertores regresaron ás súas aldeas levando con eles o radicalismo que xa crecía nas cidades e que se estendeu deste xeito polas provincias do [[Imperio Ruso|Imperio]].<ref name="pethybridge391"/> Ademais dos axitadores bolxeviques que o partido enviaba ás provincias, os soldados de permiso ou que desertaran actuaban tamén como propagandistas das posicións extremistas en asuntos políticos e sociais, a miúdo con gran efecto nas poboacións do agro ruso.<ref name="pethybridge166">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 166</ref> As desercións eran numerosas xa incluso na primavera: na fronte suroeste calculábanse uns dous mil soldados desertores nos ferrocarrís aos día a mediados de abril.<ref name="pethybridge174">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 174</ref> A chegada dos desertores ás guarnicións da retagarda afectou á moral destas, ademais de influír no campo. No outono, contábanse arredor dos dous millóns deles por todo o país.<ref name="pethybridge174"/>