Cor dos ollos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 107:
<blockquote>"Unha mutación xenética nos nosos cromosomas que afectou ao xene OCA2 orixinou a creación dun "interruptor", que literalmente "apagou" [desactivou] a capacidade de producir ollos castaños. Este interruptor xenético está localizado no xene adxacente ao OCA2 e máis que desactivar completamente o xene, o que fai é limitar a súa acción, o que reduce a produción de melanina no iris. De feito, o interruptor apagado dilúe os ollos castaños a azuis. Se o xene OCA2 estivese completamente desactivado, o pelo, ollos e pel estarían completamente desprovistos de melanina, unha condición coñecida como [[albinismo]]". <ref name=msnbc.msn.com/></blockquote>
 
Os ollos azuis son raros nos mamíferos; un exemplo é o recentemente descuberto cuscús moteado de ollos azuis (''[[Spilocuscus wilsoni]]''). O carácter era ata agora coñecido só nunha especie de primates (á parte dos humanos), o [[lemuroideos|lémure]] de Sclater (''[[Eulemur flavifrons]]'') de [[Madagascar]]. Aínda que algúns gatos e cans teñen ollos azuis, isto débese xeralmente a outra mutación, que está asociada á mudez. Pero no caso dos gatos, coñécense tres mutacións que producen ollos azuis, unha no [[gato siamés]], que non ten efectos adversos, e as outras dúas son as dos gatos brancos de ollos azuis e a da variedade "[[Ojos Azules]]" (sic), que están ambas as dúas asociadas con trastornos neurolóxicos conxénitos.
 
== Ollos castaños ==