Hadriano (emperador): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
Hadriano sobe a dignidade imperial á morte de [[Traxano]], no ano [[117]]. Tamén nado na Betica, chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por [[Traxano]], á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.
 
Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da [[Mesopotamia]]. Xa no ano [[115]] víñase a rexistrar un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei parto [[Cosroes]] aproveitou esta circunstancia para volver ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Adriano comprendeu que era moi dificildifícil de manter a soberanía maismáis aló do [[Eufrates]], e ordenou a evacuación, mais na beira daquel riorío quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de [[Mauritania]] se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.
 
O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente no asulagamento dalguns levantamentos. Rematou o trazado do ''limes'' xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do [[Danubio]] e levantou na [[Britania]] o que se coñece como a muralla de Adriano (''[[Vallum Hadriani]]'') co obxecto de previr as incursions dos pictos e escotos. Tratabase dunha serie de fortificacions entre Inglaterra e Escocia, dende a desembocadura do rio Tyne, no mar do Norte e o Solvay Firth no mar de [[Irlanda]].