Elvira Ribeiro Tobío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ampliación do apartado "Traxectoria" e inclusión de novas ligazóns e referencias
Ampliación do apartado "Biografía" e inclusión de novas ligazóns
Liña 20:
 
== Biografía ==
DiplomadaNaceu no lugar do Cunchido, na pontevedresa parroquia de [[Cerponzóns, Pontevedra|Cerponzóns]], aínda que pasou case toda a súa infancia e mocidade na casa familiar do lugar de [[Guxilde, Alba, Pontevedra|Guxilde]], na freguesía de Alba, tamén pertencente ao municipio de Pontevedra. É diplomada en Maxisterio pola [[Universidade de Vigo]] e licenciada en [[Filoloxía]] galego-portuguesa pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Foi, foiademais, bolseira nas universidades de Lisboa e de Coímbra. En 1999 fórmase en olería e cerámica da man da ceramista Berta Pazos, o que a leva a dedicarse en parte a esta arte. Ten traballado fundamentalmente como docente de lingua, cultura e literatura galegas no ensino medio, na Universidade de Vigo e na formación de persoas adultas. Dedícase igualmente á tradución e á elaboración de materiais didácticos. O seu labor no ámbito da literatura levouna ás universidades de Tübingen e Heilderberg (Alemaña), á Universidade de Zádar (Croacia), ou á Universitat de les Illes Balears<ref>{{Cita web|url = http://www.uib.cat/catedra/camv/pec/conpoecontemp.html|páxina-web = |título = Congrés internacional La poesia en la contemporaneïtat|data-acceso = }}</ref>. DesdeTras unha etapa de tres anos na Corga de Arriba ([[Cequeril, Cuntis|Cequeril]], [[Cuntis]]), desde o ano 2012 reside en [[Vigo]].
 
==Traxectoria==
Comeza a difundir a súa obra poética por internet a partir do ano 2003. En 2005 publica en papel dous libros da súa autoría: ''[http://www.galiciahoxe.com/index_2.php?idEdicion=988&pag1=3&idMenu=86&idNoticia=336645 Andar ao leu]'' (Colección Tambo da Deputación de Pontevedra, a cargo de [[Luís Rei Núñez]]) e ''[http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1228/ Arxilosa]'' (Colección Hipocampo Amigo da editorial Litoral das Rías, ao coidado do histórico editor [[Sabino Torres]]). Nesta última obra inclúense os poemas que foran premiados en 2003 no certame Rosalía de Castro da asociación homónima de Cornellà (Barcelona). En 2004 recibe un accésit no premio [[Premio Faustino Rey Romero]] de Isorna (Rianxo) por ''12 estampas sobre a cidade e o desexo'', que sairá publicado algún tempo despois nun volume que recolle as obras galardoadas neste certame. Finalista do [[Premio Merlín]] de literatura infantil en 2007 por ''[http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=1703540&id_sello_editorial_web=13 pAlAbrAs brAncAs]'', este conxunto de versos monovocálicos recibe o premio [[Xosé Neira Vilas]] da [[Asociación Galega de Editores]] á mellor edición infanto-xuvenil do ano 2008. No 2009 recolle o premio [[Victoriano Taibo]] de poesía convocado pola entidade menor de Morgadáns e o Concello de Gondomar. A obra galardoada é ''[http://culturagalega.gal/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1792 Biografía da Multitude]'', escrita a dúas mans en colaboración coa poeta viguesa [[Silvia Penas]] e que edita o [[Instituto de Estudos Miñoranos]] ese mesmo ano. No ano 2010 sae no número 186 da revista [[Grial (revista)|Grial]] o micro-poemario ''Siberia, mon amour'', oito textos arredor do exilio e o regreso. En [[2011]] gaña a sexta edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario ''[http://armandorequeixo.blogaliza.org/2013/03/25/poesia-tribadista/ carnia haikai]''<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/11/14/0003_201111C14C2993.htm «Carnia Haikai» faise co certame Illas Sisargas]</ref>, onde indaga na forma oriental do haicu. ''Corpos transitivos''<ref>{{Cita web|url = http://culturagalega.gal/noticia.php?id=23223|páxina-web = |título = Elvira Riveiro gaña o Avelina Valladares|data-acceso = }}</ref> é o seu seguinte libro, galardoado nesta ocasión co premio [[Avelina Valladares]] do Concello da Estrada en 2013 e que sae á luz no mesmo ano en [http://www.edicionsfervenza.com/ Edicións Fervenza]. En 2014 publica o álbum ilustrado ''[http://blog.xerais.gal/2014/novidade-as-redes-de-ines-de-elvira-riveiro-tobio-autora-fino-lorenzo-poesia-infantil-en-formato-album/ As redes de Inés]'', que é escollido polos/as lectores/as de ''[[Premios Fervenzas Literarias|Fervenzas literarias]]'' entre os mellores libros de literatura infantil do ano. En [[2015]] recibe o IV certame de poesía [[Manuel Leiras Pulpeiro]] do Concello de Mondoñedo con ''Playlist para unha retirada''<ref>{{Cita web|url = http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=1951&tipo=8&nivel=1400&layout=p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp&codResi=5&language=gl&level=1|páxina-web = |título = "Playlist para unha retirada" na web do concello de Mondoñedo|data-acceso = 19/11/2015}}</ref>.
 
Interesada na poesía visual e obxectual, colaborou co portal ''[http://culturagalega.gal/ culturagalega]'' cunha sección denominada ''Inventario Indócil''. En 2010 entra en contacto coa dj alemá [https://soundcloud.com/carinaposse Carina Posse], coa que colabora en diversos proxectos nos que a música e a videocreación cobran importancia a par dos textos poéticos. Froito desta colaboración, participa no espectáculo ''Tristecentos versos'' (con [[Silvia Penas]], [[Xabier Xil Xardón]] e [https://www.facebook.com/Carina-Posse-136001126503650/ Carina Posse]). Con esta última fai incursións na videopoesía (''[http://culturagalega.gal/axenda/detalle.php?Cod_axnda=40832 A máis fermosa do país]'', 2011, coa participación de [http://agatadascanles.tumblr.com/ Sara Ribeiro]) e a performance (''Poetic Dj'', 2012; ''o canastro que fala'', 2013 e ''Balada do peep-show''<ref>{{Cita web|url = http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/noticia/205734/el-iv-festival-de-poesia-pontepoetica-ofrecera-desde-el-27-una-cita-con-ocho-poetas|páxina-web = |título = Balada do peep-show no Festival Pontepoética|data-acceso = }}</ref>, 2013). O seu último proxecto, ''[https://es-es.facebook.com/mardemaza/ mar de mazá]'' (que pode seguirse en facebook), é un álbum ilustrado que combina texto da súa autoría, debuxo (Begoña G. Arce) e música ([http://corecass.bandcamp.com/releases Corecass] e [https://www.mixcloud.com/discover/carina-posse/ Carina Posse]).