Elvira Ribeiro Tobío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Corrección de erros e inclusión de referencias
Ampliación do apartado "Traxectoria" e inclusión de novas ligazóns e referencias
Liña 27:
Interesada na poesía visual e obxectual, colaborou co portal ''[http://culturagalega.gal/ culturagalega]'' cunha sección denominada ''Inventario Indócil''. En 2010 entra en contacto coa dj alemá [https://soundcloud.com/carinaposse Carina Posse], coa que colabora en diversos proxectos nos que a música e a videocreación cobran importancia a par dos textos poéticos. Froito desta colaboración, participa no espectáculo ''Tristecentos versos'' (con [[Silvia Penas]], [[Xabier Xil Xardón]] e [https://www.facebook.com/Carina-Posse-136001126503650/ Carina Posse]). Con esta última fai incursións na videopoesía (''[http://culturagalega.gal/axenda/detalle.php?Cod_axnda=40832 A máis fermosa do país]'', 2011, coa participación de [http://agatadascanles.tumblr.com/ Sara Ribeiro]) e a performance (''Poetic Dj'', 2012; ''o canastro que fala'', 2013 e ''Balada do peep-show''<ref>{{Cita web|url = http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/noticia/205734/el-iv-festival-de-poesia-pontepoetica-ofrecera-desde-el-27-una-cita-con-ocho-poetas|páxina-web = |título = Balada do peep-show no Festival Pontepoética|data-acceso = }}</ref>, 2013). O seu último proxecto, ''[https://es-es.facebook.com/mardemaza/ mar de mazá]'' (que pode seguirse en facebook), é un álbum ilustrado que combina texto da súa autoría, debuxo (Begoña G. Arce) e música ([http://corecass.bandcamp.com/releases Corecass] e [https://www.mixcloud.com/discover/carina-posse/ Carina Posse]).
 
Algúns dos seus poemas foron traducidos ao inglés<ref>{{Cita web|url = http://www.wordswithoutborders.org/article/from-carnia-haikai|páxina-web = |título = Poemas de "carnia haikai" traducidos ao inglés|data-acceso = }}</ref>, ao alemán<ref>{{Cita web|url = https://www.facebook.com/pelouasfalto/|páxina-web = |título = pel ou asfalto - haut oder asphalt|data-acceso = }}</ref> e ao croata<ref>{{Cita web|url = https://galegoenzadar.wordpress.com/tag/elvira-tobio/|páxina-web = |título = poema traducido ao croata|data-acceso = }}</ref>. Ademais, ten algún texto musicado, coma a "Balada do peep-show"<ref>{{Cita web|url = http://falstaffnabretema.blogspot.com.es/2008/05/elvira-riveiro-e-fanny-e-alexander.html|páxina-web = |título = Elvira Ribeiro e Fanny + Alexander|data-acceso = }}</ref>, poema que se converteu nun dos temas máis coñecidos do grupo [[Fanny + Alexander]], pertencente ao seu álbum ''[[Finais dos 70s, comezos dos 80s]]'' (2007) e do que fixo un remix [[Projecto Mourente]].
 
Pertence á [[Asociación de Escritores en Lingua Galega|AELG]] e adoita participar en recitais<ref>{{Cita web|url = http://montsedopico.com/review/picaversos-xunta-berta-davila-elvira-riveiro-e-grampoder/|páxina-web = |título = Elvira Ribeiro no Picaversos|data-acceso = }}</ref><ref>{{Cita web|url = https://picaversos.wordpress.com/2014/03/19/convocamos-aos-perdidos/|páxina-web = |título = Picaversos - a perda|data-acceso = }}</ref> e festivais poéticos<ref>{{Cita web|url = http://www.pazodacultura.org/es-ES/actividades/ponte-poetica-4--festival-de-poesia-.aspx|páxina-web = |título = Elvira Ribeiro no cartel do Festival Pontepoética|data-acceso = }}</ref>, especialmente dentro do territorio galego<ref>{{Cita web|url = http://www.berenguela.com/festival-da-poesia-no-condado-2013-desobedencia/2013-08-21|páxina-web = |título = XXVII Festival da Poesía no Condado|data-acceso = }}</ref>.