Manuel Ávila Camacho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3714518 de 187.158.28.203 (conversa)
Liña 39:
 
== O mandato de Ávila Camacho ==
Durante o su mandato, Ávila Camacho enfrontouse á dificultade da Segunda Guerra Mundial. Despois de que dúas naves mexicanas cargadas de [[petróleo]] fosen destruídas por submarinos alemáns no [[Golfo de México]], Ávila declarou a guerra contra as forzas do Eixe o 22 de maio de [[1942]]. 15,000 soldados mexicanos pelexaron na guerra, en diferentes frontes, incluíndo o escuadrón aéreo 201 que pelexou contra os xaponeses no Pacífico. Ademais, empezando un período de amizade cos Estados Unidos, Ávila Camacho cooperou na guerra, provendo ao seu veciño país con 300,000 traballadores baixo o Programa Bracero para substituír a algúns dos americanos que tiveran que saír do país para ir á guerra. México tamén continuou a súa relación diplomática co [[Reino Unido]] e [[Rusia]]. En 1944, México asino a Carta das Nacións Unidas e o seguinte ano converteuse no cuartel da Conferencia Interamericana sobre a Guerra e a Paz.
 
No ámbito nacional, Ávila Camacho protexeu á clase traballadora, creando unha [[seguridade social]] en [[1943]] e traballando para reducir ao [[analfabetismo]]. Continuou a reforma agraria e promulgou unha conxelación de rendas para beneficiar aos cidadáns con salarios baixos. Tamén promoveu a reforma das eleccións, establecendo novos requisitos que facían imposible aos comunistas o ser candidatos. Tamén foi responsable, o 18 de xaneiro de [[1946]] de mudar o nome do que fora o Partido da Revolución Mexicana (PRM) polo nome que ten na actualidade, o Partido Revolucionario Institucional (PRI).
 
Cando en 1946 terminou o seu mandato, Ávila Camacho retirouse a traballar á súa granxa.
 
==Véxase tamén==