Reino de Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Península_ibérica_1030.svg" por "Map_Iberian_Peninsula_1030-es.svg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDelinker|CommonsDe
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 82:
A '''[[Marca Hispánica]]''' foi a fronteira político-militar do [[Imperio Carolinxio]] ao sur dos Pireneos. Tras a conquista musulmá da [[Península Ibérica]], este territorio foi dominado mediante guarnicións militares establecidas en lugares como [[Barcelona]], ou [[Xirona]]. A fins do [[século VIII]], os Carolinxios interviñeron no nordés peninsular co apoio da poboación autóctona das montañas. A dominación [[Franco (pobo)|franca]] fíxose efectiva tras a conquista de Xirona ([[785]]) e Barcelona ([[801]]). O territorio gañado aos musulmáns configurouse como a Marca Hispánica, integrada por condados dependentes dos monarcas Carolinxios. A marca hispánica ía de [[Pamplona]] ata Barcelona. De todos eles, o que alcanzou maior protagonismo foi o [[condado de Barcelona]].
 
Durante o século IX, designábanse globalmente, '''Marca Hispánica''' aos condados cataláns. Ao haberse convertido en reinos os condados occidentais, aliados e en boas relacións cos estados veciños musulmáns, os [[Banu Qasi]] do rico [[Val do Ebro]], debido ao matrimonio de [[Musa ibn Fortún]] con [[Onneca Fortúnez|Onneca]]. Casada anteriormente co vascón Íñigo Jiménez e nai de [[Íñigo Íñiguez]], que máis tarde sería o primeiro rei de [[Pamplona]]. Este matrimonio tivo lugar cara ao ano 784.
 
[[Carlomagno]] aproveitando a rebelión do gobernador de [[Zaragoza]] para intervir na Península, atravesou cun exército franco o territorio vascón e destruíu as defensas de Pamplona no seu avance cara a Zaragoza, onde á súa chegada o cambio das alianzas dos sublevados obrígolle a retirarse. O interese de Carlomagno nos asuntos [[Al-Ándalus|hispánicos]] moveulle a apoiar unha rebelión no [[Vilayato]] da [[Marca Superior]] de [[al-Ándalus]] de [[Sulayman ben al-Arabí|Sulaymán al-Arabi]], que pretendía alzarse a emir de [[Emirato de Córdoba|Córdoba]] co apoio dos francos, a cambio de entregar ao emperador franco a praza de [[Saraqusta]]. Carlomagno chegou no ano 778 ás portas da cidade. Con todo, unha vez alí, o [[valín]] de [[Zaragoza]], Husayn negouse a franquearlle a entrada ao exército carolinxio. Debido á complexidade que suporía un longo asedio a unha praza tan fortificada, cun exército tan afastado do seu centro loxístico, desistiu. O 15 de agosto de 778, camiño de volta ao seu reino polo paso de [[Roncesvalles]], entre o cerro de Ibañeta e o val de Valcarlos, Carlomagno co máis poderoso exército do século VIII. Tras reducir a ruínas a capital dos vascóns, [[Pamplona]], aliados dos [[Banu Qasi]]. Sufriu unha contundente emboscada por partidas de nativos vascones, probablemente instigados polos fieis aos fillos de [[Sulayman ben al-Arabí|Sulayman]], [[Aysun]] e [[Matruh ben Sulayman al-Arabí]]. Que provocaron un mancar xeral á retagarda da súa exercito, mandada polo seu sobriño [[Roldán]], a base de lanzarlles rocas e dardos. ''[[O Cantar de Roldán]]'' inmortalizou o evento. A independencia dos condados occidentais respecto do rei [[Carlomagno]] decidiuse no fracaso da toma de [[Taifa de Saraqusta|Saraqusta]].