Leopoldo I de Bélxica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 44:
 
== Casamentos e fillos ==
O [[2 de maio]] de [[1816]], en Carlton House, Leopoldo desposou a princesa [[Carlota Augusta de Gales]], a única filla lexítima do príncipe-rexente británico (máis tarde [[Xurxo IV do Reino Unido]]) e por tanto herdeira ao trono. Consecuentemente, tornouse [[mariscal]] de campo británico e cabaleiro da [[Orde da Xarreteira]]. O [[5 de novembro]] de [[1817]], a princesa Carlota deu a luz un neno natimorto, morrendo o día seguinte. Se tivese sobrevivido, teríateríase seconvertido converteuen raiñaraíña do [[Reino Unido]] en 1830, coa morte do seu pai, e Leopoldo tería sido titulado [[príncipe consorte]] británico en vez de [[Rei dos Belgas]].
 
O [[2 de xullo]] de [[1829]], Leopoldo casou coa actriz Karolina Bauer, titulada posteriormente condesa de Montgomery, unha prima do conselleiro do rei, o barón Christian Friedrich von Stockmar. O contrato de matrimonio foi asinado sen cerimonia relixiosa ou pública e, presuntamente, rematou en [[1831]].