Roman Polanski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Xudía por xudea
Liña 33:
 
==Traxectoria==
De orixe [[asquenací|xudeaxudía asquenací]], experimentou en carne propia os males da [[Segunda Guerra Mundial]]. Sendo moi novo a súa familia mudouse a [[Cracovia]], [[Polonia]], onde sufriron os horrores da ocupación [[nazi]]. O mozo Polanski sobreviviu grazas á axuda dalgunhas familias católicas que o salvaron de terminar nun campo de concentración.
 
Logo da guerra comezou a súa carreira como actor teatral. Máis tarde cursou estudos na Escola de Cine de [[Łódź]]. Tras rodar cinco curtametraxes entre [[1956]] e [[1962]], conseguiu varios premios con ''[[Fat and the Lean]]'' ([[1965]]), que rodou nunha das súas viaxes a [[Francia]] e serviulle para poder realizar a súa primeira longametraxe en Polonia: ''Nóz w wodzie'' (O coitelo na auga, [[1962]]), coa que conseguiu un nomeamento á mellor película estranxeira nos [[Oscar]] de [[1963]]. A película xa mostraba algunhas das características das súas seguintes producións, como o seu gusto polos ambientes claustrofóbicos, ó colocar a tan só tres personaxes (unha parella e un descoñecido) que navegan nun pequeno barco.