Rainer Maria Rilke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Castelao (conversa | contribucións)
m Xudía por xudea
Liña 4:
== Traxectoria ==
'''René Karl Wilhelm Johann Josef Maria Rilke''' naceu en [[Praga]], daquela pertencente ao [[Imperio Austrohúngaro]]. Nesa cidade pasou a infancia e a adolescencia. Era fillo do oficial ferroviario '''Josef Rilke''' (1838-1906) e de '''Sophie Entz''' (1851-1931), procedente dunha familia de industriais de Praga de orixe xudeaxudía, pero convertida ao cristianismo para eludir o [[antisemitismo]]. O matrimonio separouse en [[1884]] ao marchar Sophie á corte de [[Viena]] tratando facer valer as súas pretensións nobiliarias. A relación entre a nai e o seu único fillo foi problemática, pois Sophie non puidera superar a morte prematura da súa primeira filla, e obrigou a René (en francés, "renacido") a vestir con roupas de nena até os cinco anos.
 
René ingresou en [[1886]] na Escuela Militar secundaria de [[Sankt Pölten]],obrigado polo seu pai, e abandonouna en [[1891]] por problemas de saúde. Máis tarde denominouna "abecedario de horrores". Entre [[1892]] e [[1895]] preparou o exame de ingreso na Universidade. En 1895 e 1896 estudou literatura, historia da arte e filosofía en Praga e despois en [[Múnic]]. Tras abandonar Praga, Rilke mudou o seu primeiro nome de René a Rainer.