Toponimia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Castelao (conversa | contribucións)
m Xudía por xudea
Liña 73:
* '''Topónimos prelatinos''': ''[[Arzúa]]'', ''[[Barallobre]]'', ''[[Sillobre]]'', ''[[Betanzos]]'', ''[[Cangas]]'', ''[[Nantón]]'', '' [[Dubra]]'', '' [[Bergantiños]]'', ''[[Noia]]'', ''[[Sarria]]'', ''[[Trives]]'', ''[[Barbanza]]'', ''[[A Arnoia]]'', ''[[Deva]]'', ''[[Eo]]'', ''[[Tambre]]'', ''Bar'').
 
* '''Orixe [[lingua latina|latina]]'''. Son os maioritarios: ''Compostela'' (de COMPOSITA + ELLA, non de *CAMPUS STELLAE), ''[[Padrón]]'' (de PETRONEM, formado sobre un aumentativo de PETRA), ''[[Vigo]]'' (de VICUM ), ''[[Eiras]]'' (de AREAS, "áreas"), ''[[Reboira]]'' (de *ROBOREA), ''[[Taboada]]'' e ''[[Taboadela]]'' (de TABULATA ), ''[[Viveiro]]'' (de VIVARIUM),... A través do latín entraron no galego topónimos de orixe grega ou xudeaxudía, na maior parte por influxo do Cristianismo, como ''[[Grixoa]]'' (de ECCLESIOLA, diminutivo de ECCLESÍA), ''[[Mosteiro]]'' (de MONASTERIUM), ''[[Vilasol]]'' (dunha VILLA SAULI, do nome hebreo latinizado SAULUS).
 
* '''Orixe [[linguas xermánicas|xermánica]]''', especialmente [[sueva]]. Son numerosos como derivados de antropónimos (''[[Hermisende]]'', ''[[Vaamonde]]'', ''[[Baldomar]]'', ''[[Baltar]]'', ''[[Goiáns]]'', ''[[Gondomar]]'',... e moitos dos rematados en -oi: ''[[Filloi]]'', ''[[Raxoi]]'', ''[[Trastoi]]'', ''[[Mondoi]]'', ''[[Gadoi]]'', ''[[Cendoi]]''; -ei: ''[[Forcarei]]''; -il: ''[[Samil]]''; e -iz ou -ís en zonas de [[seseo]]: ''[[Espariz]]'', ''[[Mondariz]]'', ''[[Sabarís]]''), sobre todo tendo en conta que moitas veces se xuntan en composición con elementos latinos. Como derivados do léxico xermánico común, son menos frecuentes: ''[[Boiro]]'' (do tema *BÛR "edificación"), ''[[Loiba]]'', ''[[Lobios]]'' (xermánico *LAUBJO, "alpendre") , ''[[Sas]]'' ou ''[[Zas]]'' (gótico SALA "pazo").