Bette Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 73:
 
En 1935, Davis apareceu interpretando a unha actriz perturbada en ''[[Dangerous (filme)|Dangerous]]'' e recibiu moi boas críticas. E. Arnot Robertson escribiu en ''Picture Post'': «Creo que Bette Davis probablemente seria queimada por bruxería se vivise fai douscentos ou trescentos anos atrás. Dáme a curiosa sensación de que está cargada dun poder que non pode atopar unha saída común».<ref name="bio"/> ''[[The New York Times]]'' escribiu que estaba «converténdose nunha das nosas actrices de cine máis interesantes».<ref name="actress"/> Davis gañou o premio da Academia á Mellor Actriz polo papel pero comentou que era un recoñecemento tardío por ''Of Human Bondage'', cualificando ao seu galardón como un «premio consolo».<ref>Baxter (1968), p. 128.</ref> Polo resto da súa vida, sostivo que foi ela mesma quen lle deu o nome de «Óscar» á estatuiña cando dixo que a parte posterior do galardón parecíase ao traseiro do seu marido, cuxo segundo nome era Oscar.<ref>Sikov (2007), p. 80.</ref><ref>Chandler (2006), pp. 101/263.</ref> A súa afirmación foi posta en dúbida pola [[Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas]]. A versión máis fiable é a de [[Margaret Herrick]], bibliotecaria da Academia, que bautizaría á estatuiña como Oscar logo de apreciar un parecido co seu tío do mesmo nome.<ref>«[http://www.oscars.org/awards/academyawards/about/awards/oscar.html The Oscar Statuette]» (en inglés) Sitio web oficial dos premios Oscar. Consultado o 8 de novembro de 2015.</ref> No seu seguinte filme, ''[[The petrified forest]]'' (1936), Davis compartiu cartel con Leslie Howard e [[Humphrey Bogart]], quen recibiu a maior parte dos eloxios da crítica no seu primeiro papel importante.<ref>Meyers (1997), p. 51.</ref><ref>Sperber e Lax (1997), p. 46.</ref>
==== Problemas legais ====
 
Convencida de que a súa carreira estaba sendo prexudicada por unha serie de películas mediocres,<ref name="bio"/> Davis aceptou en 1936 unha oferta para aparecer en dous filmes en [[Londres]].<ref name="Obituary"/> Fuxiu a [[Canadá]] para evitar que lle entregasen citacións xudiciais consciente de que estaba inclumplindo o seu contrato con Warner Bros. Finalmente, levou o caso ante os tribunais do Reino Unido coa esperanza de librarse do acordo.<ref name="sperling">Sperling, Millner, y Warner, p. 219-221.</ref> Máis tarde, Davis recordou o alegato inicial do avogado representante de Warner Bros, Sir Patrick Hastings,<ref name="News4"/> quen instó ao tribunal a «chegar á conclusión de que Davis é máis ben unha dama nova e astuta cuxo único propósito é o de conseguir máis diñeiro».<ref name="News4">''Reading Eagle'' (nro. 261), mercores 14 de outubro de 1936. «Lawyer terms Bette Davis rather naughty young lady», pp. 1-16.</ref> O letrado burlouse da descrición de «escravitude» que Davis fixera do contrato ao afirmar erróneamente que os pagos consistían de 1350 USD semanais. Á súa vez, Hastings engadiu: «Se alguén quere someterme a perpetua servidume sobre a base de dita remuneración, comprométome a tomalo en consideración».<ref>{{cita web |url=http://www.newlawjournal.co.uk/nlj/content/diva-dispute |título=Diva in dispute |dataacceso=9 de xaneiro de 2013 |apelidos=Wilson|nome=James |data=18 de maio de 2012 |editorial=New Law Journal |localización=Reino Unido |lingua=inglés }}</ref>
 
== Notas ==