Boris Izaguirre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: VNZ; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 26:
Apareceu diante das cámaras en programas coma ''Moros y Cristianos'' e ''Más madera'' de [[Telecinco]] pero a súa verdadeira popularidade en España chegaría coa súa incorporación a [[Crónicas marcianas]]. O director e presentador [[Javier Sardá]] chamouno para colaborar no programa e Boris converteuse en todo un fenómeno mediático. Pasou a formar parella presentadora con Javier en [[1999]] ata a desaparición do programa en [[2005]].
 
Durante algún tempo presentou o seu propio programa en Telecinco, aínda que fracasou pouco despois. Tamén é articulista en varias publicacións: o suplemento dominical ''[[El País Semanal]]'', a revista de cine ''[[Fotogramas]]'', ''[[Zero]]'' dirixida ao público homosexual, ou a femenina ''[[Marie Claire]]'', onde escribe unha sección fixa chamada ''De vuelta al armario''. TambiénTamén fixo incursións na radio, sobre todo coma colaborador no espazo radiofónico ''[[La Ventana]]'' presentado por [[Gemma Nierga]].
 
En [[2009]] traballa na cadea española de televisión [[Cuatro]] xunto a [[Ana García-Siñeriz]], presentando un programa de tarde chamado ''Channel nº4''. O [[7 de febreiro]] de [[2006]] casou co seu mozo, Rubén Nogueira. En [[2007]] foi finalista do [[Premio Planeta]] coa súa novela ''Villa Diamante'' (presentada baixo o pseudónimo de "Gio y las palmeras").