Ramiro II de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m parámetros {{Realeza}}
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 23:
 
== Mocidade ==
Terceiro fillo de [[Ordoño II]] e [[Elvira Menéndez]]. Sendo neno encomendouse a súa crianza e educación a Diego Fernández e á súa esposa Onega, un poderoso matrimonio residente nas terras do [[ río Douro |Douro]] e máis tarde nas do [[ Río Mondego |Mondego]], centro dun núcleo de repoboación agrupado en torno ao infante [[Vermudo Ordóñez]], irmán de [[Afonso III de Asturias|Afonso o Magno]], de quen Onega era sobriña. Ramiro gañouse en poucos anos a admiración entusiasta das xentes de guerra, creando ao redor da súa persoa a imaxe do caudillo intelixente e atrevido, a cuxa espontánea conmemoración fóronse sumando romances, coplas, lendas e relatos populares.
 
En [[924]] morre Ordoño II, e herda o trono o seu irmán [[Froila II de León|Froila II]], que despraza do mesmo aos fillos de Ordoño II. Con todo, Froila morre de lepra ao cabo dun ano, provocando un grave problema sucesorio que enfrontou ao seu propio fillo, [[Afonso Froilaz|Afonso]], cos fillos de Ordoño II. Afonso Froilaz contaba co apoio dos nobres [[Principado de Asturias|asturianos]], mentres que Sancho, Afonso e o propio Ramiro, os fillos de Ordoño II, tiñan co respaldo dos magnates [[Galiza|galegos]] e [[Portugal|portugueses]], amén do apoio do rei [[Reino de Navarra|navarro]] [[Sancho Garcés I de Navarra|Sancho I Garcés]].
Liña 33:
* A zona entre os ríos Miño e Mondego, no norte do actual [[Portugal]], para Ramiro, tamén con título rexio.
 
[[Ficheiro:Galicia891.png|miniatura|esquerda|300px|Mapa político do Noroeste da [[Península Ibérica]] a finais do século IX.]]Vermudo Ordóñez e Diego Fernández morreron pouco antes do [[928]], pero xa desde [[926]] o infante Ramiro facíase cargo da provincia, cuxa fronteira sur avanzaba constantemente, ata chegar á vista do [[río Texo]] desde os seus centros principais de [[ Viseu, Portugal |Viseu]] e [[Coimbra]]. Este territorio do norte do actual [[Portugal]], con título de reino foi adxudicado ao novo Ramiro ao finalizar a contenda sucesoria entre os Froilaz e os Ordóñez. O infante, que debía de contar por estes días os 25 anos e estaba xa casado con [[Adosinda Guterrez]], filla do conde [[Gutier Osoriz]] e [[Ildoncia Menendez]].
 
[[Afonso IV de León|Afonso]], o futuro "monxe", coroouse solemnemente en León o [[12 de febreiro]] de [[926]], e once días despois Ramiro, o seu irmán, achábase xa en [[ Viseu, Portugal|Viseu]], capital do seu pequeno reino, onde quixo dar o primeiro testemuño da súa realeza e o primeiro recoñecemento público da súa débeda de gratitude e afecto aos seus ''pais nutricios'', Diego Fernández e Onega, agora representados pola súa filla [[Muniadona Díaz]] e [[Hermenexildo González]], esposo desta, a quen doou a vila de [[Creximiri]], solemnizando o acto coa presenza e subscrición de dezaseis personaxes que deberon ser o selecto grupo do seu séquito oficial.
 
 
En [[929]] Morre o seu irmán Sancho, e Ramiro é coroado como Rei de Galiza en [[Zamora]], cidade que inmediatamente converte na súa capital.
 
En [[xuño]] de [[931]], a morte de Onega, esposa de Afonso IV, some a este nunha grande depresión e chama ao seu irmán Ramiro para que se faga cargo do trono leonés, manifestando a súa intención de retirarse ao Mosteiro de [[ Sahagún, León |Sahagún]] para practicar a oración.
 
== Comezo do reinado ==
Liña 101:
{{S-aft|after=[[Ordoño III de León|Ordoño III]]}}
{{End box}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Reis de León]]