Hermenexildo Gotérrez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Dux de Galicia: [a nobreza]: o c. directo non leva preposición.
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 41:
Aparece por primeira vez citado no ano 869, cando actúa como xuíz ao lado do seu sogro, -o conde Gaton do Bierzo- na resolución de preitos derivados da organización do territorio berciano. Na década de 870 aparece documentado como membro do Consello Real do monarca oventese. Ademais, desde o ano 873 é conde de Tui e Portucale (Porto). No ano 878 recupera por asalto coas súas tropas galegas a cidade fortificada de Coimbra, a máis meridional do [[reino de Galiza]] e que dependía desde o século VIII do Emirato de Córdoba.
 
== Conquista de Coimbra ==
A conquista de [[Coimbra]] non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristián máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de [[Córdoba, España|Córdoba]] [[Muhammad I]] reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.
 
Liña 48:
Esta marcha cara ao sur da nobreza galega consolidou un espazo social galego-cristián ao sur do río Douro. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía, o condado Coimbricense, que xunto co Portucalense, serían o xermolo do futuro [[Reino de Portugal]].
 
== ''Dux'' de Galicia ==
Na rebelión do ''Dux'' galego Vitiza contra o rei de Oviedo [[Afonso III o Magno]], aglutinou a nobreza galega leal ao monarca ovetense. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuíu decisivamente á súa derrota. Impediu que o rebelde se fixera co espazo galaico.
 
No ano [[895]], o seu exército capturou a Vitiza e levouno encadeado á presenza do monarca. En recompensa recibiu as mandacións do rebelde e o título de ''Dux'' (representante da monarquía en Galicia ao que os condes debían obediencia).
 
== Liñaxe real ==
No ano [[900]], a súa filla [[Elvira Menéndez]] casaba co futuro rei galaico [[Ordoño II]]. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende [[Sancho Ordóñez]] ata, polo menos, a [[casa de Borgoña]]).
 
== Liñaxe e descendencia ==
Foi fillo de [[Gutier Aloitez]] ([[810]] - [[875]]), [[Conde de Coimbra]] e de Elvira Anzures. Casou cerca do ano [[860]] con [[Hermesinda Gatoniz]] (? - [[840]]) - filla de [[Gaton Ramirez]] Conde do [[Bierzo]] e de Exilona - coa que tivo os seguintes fillos:
 
Liña 65:
# [[Inderquina Menendiz]] (? – [[947]]).
# [[Aldonza Menendiz]] ([[882]]-[[942]]).
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Aristócratas galegos do século IX]]