Landulfo II de Capua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Landulfo II''', nado sobre [[825]] e falecido en [[879]]) foi [[bispo]] e [[gastald]] (conde) de [[Principado de Capua|Capua]].
 
== Traxectoria ==
Era o máis novo dos catro fillos de Landulfo I, Gastald de Capua. Cando era novo ingresou na igrexa e cando seu pai morreu, seu irmán maior, Lando, sucedeuno como Lando I.
 
Á morte de Paulino, Bispo de Capua, o conde Lando I nomeou ó seu irmán Landulfo bispo de esa cidades. Lando morreu no ano 861 e o seu fillo máis novo, Lando II de Capou morreu uns meses despois, sendo sucedido polo seu tío e irmán maior de Landulfo, Pando de Capua. Pando tamén morreu pouco despois e estalou unha crise sucesoria. O fillo de Pandon, Pandenulfo, foi apartado da sucesión e Landulfo, a pesar da súa condición de bispo, apoderouse do trono de Capua no ano 863. Pronto foi recoñecido polo duque Lamberto I de Spoleto. No ano 866 o bispo-conde foi atacado polo emperador [[Luís II]], pero posteriormente negouse a participar na rebelión contra el liderada por Adelchis de Benevento no ano 871. Á morte do emperador Luís (875), que establecera unha paz cos habitantes de Mezzogiorno, Landulfo aliouse cos sarracenos de [[Sicilia]], pero no ano 877 o Papa [[Xoan VIII]] convenceuno de que abandonara esa alianza e se unise ós cristiáns contra os musulmáns. Pasou os anos seguintes defendendo a costa de [[Amalfi]] co seu navío persoal a cambio de tributo. Morreu no ano [[879]], sendo aínda conde de Capua, e coa súa morte estalou outra crise sucesoria. Na crónica de Erchemperto, de quen foi contemporáneo, é considerado un terrible vilán.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Principado de Capua]]
* [[Lombardos]]
=== Bibliografia ===
* [http://www.thelatinlibrary.com/erchempert.html ''Historia Langabardorvm Beneventarnorvm'' en The Latin Library]
* Caravale, Mario (ed). ''Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza''. [[Roma]], [[2004]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Bispos católicos de Italia]]